Iniciar sesión: Acceso

Actividades

Concerto de Fisión Atántica Ensemble, de Haydn ás danzas de Reis de Guláns

O pasado venres tivemos connosco a Fisión Atlántica Ensemble. Dentro dos diferentes concertos que ofreceron en distintos lugares de Ponteareas, pasaron tamén polo Val do Tea para compartir co noso alumnado e tamén co alumnado do IES Pedra da Auga e do IES do Barral os seus Cuartetos para frauta e trío de cordas de Haydn, fusionados coas Danzas de Reis de Guláns.

Unha vez máis faise patente a grande tradición musical que nos rodea na vila de Ponteareas!

Despedimos a 1ª avaliación con boa música!

O alumnado de 2º Bacharelato quixo despedir o 2022 organizando unha serie de actividades para os seus compañeiros e compañeiras. Despois dun interesante coloquio, Alberto Rodríguez e Daniel Corral amenizaron a última mañá antes das vacacións coa súa música. Unha vez máis demóstrase que a vila de Ponteareas está chea de talento e músicos cun gran futuro por diante!

 

Idiota, do IES Ribeira do Louro

Na tarde do luns recibimos a visita do grupo de teatro do IES Ribeira do Louro coa representación de Idiota, un thriller psicolóxico do dramaturgo catalán Jordi Casanovas.

Parabéns polo voso traballo!

Parácheste a pensar o que pode acontecer cando asinas un contrato sen lelo na súa totalidade?

Coñecendo a loita olímpica

O pasado día 30 de novembro o alumnado de 3º ESO puido coñecer con detalle a loita olímpica, grazas á actividade desenvolvida por Vanesa Muíños Fernández e Juan José Martínez Ordóñez, deportistas da Federación Galega de Loita e D. A. (FEGALOITA).

Visita á exposición "Rexas: Mulleres baixo o terror franquista"

O alumnado de 1ºESO visitou este luns a exposición "Rexas: mulleres baixo o terror franquista", no Museo municipal. Trátase dunha exposición que recolle unha escolma da historia de represión sufrida por 172 mulleres pontevedresas que foron perseguidas, asasinadas, encarceradas e que sufriron vexacións polo feito de ser mulleres. 

    

25N - Día internacional contra a violencia machista

Ao longo desta semana o noso alumnado tivo a oportunidade de participar en distintas actividades relacionadas coa conmemoración do Día contra a violencia machista.

O alumnado de 1º e 4º ESO tivo a oportunidade de ver o espectátulo de danza, teatro e poesía O pano de Raquel L. Cendán.  

O alumnado de 1º Bacharelato asistiu no auditorio municipal á charla de Montse Fajardo sobre "A loita das mulleres no s. XX: 100 anos de conquistas".

  

Iniciativas coma estas son fundamentais para que todas e todos camiñemos cara a un futuro en igualdade e libre de violencias.

 

Pleno infantil sobre a saúde mental

O pasado luns día 21 de novembro Noela e Laura, alumnas de 1º ESO, foron as representantes do noso centro no Pleno da infancia e da adolescencia ao que fomos convocadas/os desde o Concello de Ponteareas.

As nosas representantes, xunto co resto de alumnado participante no pleno, falaron sobre un tema tan importante como é a saúde mental.

Grazas, Noela e Laura polo voso traballo!

Podedes ver o pleno no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=eKG78ISUqCQ

Concerto da Orquestra do IES Pedra da Auga

O pasado martes día 15, as compañeiras e compañeiros do IES Pedra da Auga, dirixidas/os pola súa profesora de Música, Paula Carreras ofreceron un bonito concerto ao noso alumnado de 2º ESO, cun variado repertorio que ía desde a "Bamba" ou "Color esperanza" ata o "We will rock you" de Queen.

Parabéns, orquestra, polo voso traballo!

 

 

 Podedes escoitar un fragmento dunha das súas pezas neste enlace:

Festexando o magosto! V Xincana de xogos populares

O pasado venres disfrutamos das castañas, xogamos, competimos e sobre todo pasamos un tempo fantástico celebrando o Magosto!

Álbum: Curso 2022-23 -> Magosto

Saboreando o Samaín

Grazas a todas as persoas que participastes cos vosos terroríficos (e saborosos!) doces no concurso Toca cociñar! Nos próximos días comunicaremos as persoas gañadoras! 

Álbum: Samaín -> Concurso "Toca cociñar"
Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG