Iniciar sesión: Acceso

Actividades

Iria e Diego no Concurso de Recitado Poético "Rosalía sempre viva"

O IES Val do Tea non puido ter mellor representación o pasado sábado, 11 de marzo, no Concurso de Recitado Poético "Rosalía sempre viva" que organiza a Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei).

Demostraron decisión e moitas ganas nas súas intervencións. Iria M. (4º ESO), co seu recitado de "San Antonio Bendito", de Rosalía de Castro; e Diego V. (1º Bach.) con "A fala", de Manuel María.

Parabéns, rapaces, polo voso traballo!

  

 

8M, Día Internacional da Muller

Un ano máis, conmemoramos o 8M reflexionando acerca das condicións vitais e laborais das mulleres na sociedade en que vivimos.

Neste día, Iria, Gabriela, Paula e Andrea, alumnas de 4º ESO, compartiron con todo o alumnado o noso manifesto, a través da súa lectura nas diferentes aulas do centro. 

 

FELIZ E REIVINDICATIVO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!

MANIFESTO 8M 2023, IES VAL DO TEA

Conte avec moi, con Samuel Mountoumnjou

O venres 1 de marzo visitounos o Contacontos camerunés Samuel Mountoumnjou. Asistiu ao espectáculo o alumnado de 1º ESO nunha primeira sesión e logo o de 2º ESO e os grupos de Francés de 3º e 4º de ESO.

Samuel é profesor de linguas e mediador intercultural. Contou historias en francés e castelán cargadas de cor e calor, historias que o seu avó lle contaba ao redor do lume nas noites africanas da súa infancia.

Suscitou o interese do público mantendo a súa atención e solicitando a súa colaboración para poder, a través da aprendizaxe dunha lingua estranxeira, transmitir diferentes valores como o da amizade, a solidariedade, a igualdade, a tolerancia...

MERCI à Samuel pour ces belles histoires magiques qui nous amusent et qui en même temps ouvrent notre coeur et nos pensées à un monde meilleur.

MERCI au public, du plus jeune au plus âgé, des élèves aux professeur(e)s pour leur attention et leur participation.

Cela a été un plaisir de nous plonger dans ce monde sensationnel et de répondre “Hahula hula!”. Samuel, raconte, raconte! On est là pour t’écouter et apprendre comme toi tu as su le faire de ton grand-père. HAHULA HULA!

  

Falemos de sexo con Iria Montes

Na mañá de onte, 1 de marzo, a matrona Iria Montes achegouse ao noso centro para aclarar dúbidas e facer pensar o alumnado de 4ºESO sobre diferentes aspectos de grandes importancia relacionados coa sexualidade. Foi unha interesante charla na que se puideron resolver moitas dúbidas e falsos mitos que a mocidade adoita aceptar como válidos sen cuestionalos.

Grazas, Iria, pola túa visita.

 

XVIII Olimpíada de Bioloxía - Fase Galega

O venres 17 de febreiro, a nosa alumna Amalia C. I., de 2º de Bacharelato, participou na fase galega da XVIII Olimpíada de Bioloxía, xunto con outros alumnos e alumnas seleccionados de diversos centros galegos.

Parabéns, Amalia polo teu traballo e esforzo!

 

Día mundial da radio 2023

Con motivo do Día mundial da radio, parte do noso alumnado participou un ano máis na Canle "Onda Raia Pedras Rubias", do IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas). Nesta ocasión participaron Sara, Carmen, Noa e Mª Isabel, de 1º Bacharelato, cun interesante debate sobre "obra e autor".

Encontro telemático cos astronautas da ESA: Sara García e Pablo Álvarez

Que sorte tivemos en participar na charla de Sara Garcia (bióloga molecular) e Pablo Álvarez (enxeñeiro aeronáutico). A Axencia Espacial Europea contará con eles na súa próxima misión. Contáronnos experiencias e curiosidades. Foi unha bágoa non poder facerlles máis preguntas!

A aventura de coñecer os alimentos con Eva Covelo Tizón

Eva Covelo, tecnóloga dos alimentos (e antiga alumna do noso centro) visitou o alumnado de 3º da ESO para desvelar certas verdades, mentiras e mitos da alimentación.
Graciñas por eses datos tan interesarios e necesarios nos nosos días!

Escoitando historias con Charo Pita e Patricia McGill

A pasada semana o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO tivo a oportunidade de escoitar historias de diversos lugares do mundo da man (e voz) de Charo Pita e Patricia McGill nunha moi interesante sesión de contacontos bilingüe!

 

 

Concerto de Fisión Atántica Ensemble, de Haydn ás danzas de Reis de Guláns

O pasado venres tivemos connosco a Fisión Atlántica Ensemble. Dentro dos diferentes concertos que ofreceron en distintos lugares de Ponteareas, pasaron tamén polo Val do Tea para compartir co noso alumnado e tamén co alumnado do IES Pedra da Auga e do IES do Barral os seus Cuartetos para frauta e trío de cordas de Haydn, fusionados coas Danzas de Reis de Guláns.

Unha vez máis faise patente a grande tradición musical que nos rodea na vila de Ponteareas!

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG