Iniciar sesión: Acceso

Actividades

Día do libro 2023

Neste Día do libro, alumnado e profesorado do IES Val do Tea compartimos convosco unha serie de recomendacións que podedes atopar na nosa Biblioteca.

Por 365 días de boas lecturas!

Revisitamos o mito de Circe e Penélope da man de Begoña Caamaño

Nunha nova sesión do Club de lectura de profesorado e alumnado de Bacharelato tivemos a ocasión de comentar a novela Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño. Unha novela que nos permitiu falar de mitos e de feminismo, achegándonos ao mito da Odisea, e do tan recoñecido Ulises, desde o punto de vista das mulleres da historia, tantas veces relegadas a un segundo plano, Circe e Penélope. 

Vémonos en xuño cunha nova lectura! 

Coñecemos mellor o proxecto Youtubeiras

Dentro da programación da Semana das Ciencias e da Comunicación que organiza o Concello de Ponteareas, o alumnado de 4º ESO asistiu onte á presentación do proxecto Youtubeiras e a un pequeno obradoiro da man de Olaxonmario.

Coñecérmonos e fomentar iniciativas dinamizadoras como a de Youtubeiras e a persoas como Olaxonmario que incitan o uso do galego tamén nas redes pode axudar a que a xente máis nova se achegue á lingua dun xeito diferente e podermos darlle ao galego as 1000 primaveras máis que merece.

Achegámonos a Domingo Fontán, impulsor da xeografía moderna

Domingo Fontán foi o impulsor da xeografía moderna en Galicia e a primeira persoa en elaborar un completo mapa da comunidade con metodoloxía científica e coa tecnoloxía do século XIX.

O pasado mércores 12 de abril o alumnado de 3º ESO do noso centro, xunto con alumnado doutros centros de Ponteareas, achegouse á súa figura a través do documental Fontán, o primeiro rostro de Galicia e dunha conferencia e un coloquio explicativo no que puideron manexar instrumental similar ao empregado por Fontán nos 17 anos que tardou en realizar o seu mapa cartográfico de Galicia.

Fotos do Concello de Ponteareas.

Celebramos o Día internacional do deporte

Hoxe, venres 31 de marzo, dentro do que nos permitiu a chuvia, aproveitamos as últimas horas da mañá para exercitar o corpo e celebrar así do "Día internacional do deporte para o desenvolvemento e a paz" (que se celebra o vindeiro 6 de abril).

Así, unha parte do instituto saímos de andaina pola beira do Uma, mentres os maiores ficaban no centro practicando diferentes deportes. Unha xornada ben activa antes destas vacacións tan merecidas para todas e todos.

Feliz semana a toda a comunidade educativa.

Marcando o ritmo coa ecopercusión

A semana pasada o noso alumnado de Música puido coñecer e practicar a ecopercusión nun interesante obradoiro no que amosaron, tal e como podemos ver neste vído, o ben que se lles dá marcar o ritmo!

Obradoiros de Igualdade. Sabemos o que cantamos?

Este luns 27 de marzo, os alumnos e alumnas de 1º e 2º da  ESO asistiron a un obradoiro organizado polo Departamento de Igualdade do centro. Este foi impartido por Raquel González Ferrón, pedagoga e axente de Igualdade con mestrado en Igualdade e Violencia de xénero.

Neste obradoiro a rapazada escoitou polo miúdo as letras das cancións que están de moda na actualidade. Moitas destas destacan polo seu contido sexista que ás veces é explícito e outras pasa desapercibido. Non está demais analizar as músicas que forman parte da nosa vida porque somos tamén o que escoitamos. Teñamos os oídos abertos á Igualdade.

A semana de Poesía e do Teatro

Desde o día 21 ata o 27 celebramos no instituto a Poesía e o Teatro. Primeiro convocounos, de sorpresa, a poesía. O mércores 22 Leti Breijo, Arancha Nogueira e o chío dun paxaro entraron nas aulas de 3º da ESO, sen previo aviso, e con dozura e arroubo para recirtar os seus versos. Quince minutos de poesía condensada. Ademais, ao longo da semana, os alumnos e alumnos do citado nivel recibiron audios de poemas recitados e creados polos integrantes do obradoiro de poesía “Arquitecturas do poema” desenvolvido pola editorial Apiario. Rematamos a semana “turrando polo poema como por un becerro”, xa que venres tivemos a sorte de ter no centro a Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2022 polo seu poemario FelizIdade, libro que lemos este mes no Club de lectura de familias. Arredor da súa poesía e dun venres fermoso, “aprendemos a ladrar”.

E para poñer fin ás actividades poéticas destes días, tivemos un encontro poético e on line con Dores Tembrás, que falou coa rapazada de 3º da ESO (con elegancia e cariño) do feito poético e do oficio de escribir versos, que é seu.

Está claro que nos gusta celebrar, por iso, non quixemos esquecernos do teatro e da súa festa. Para poñer en valor a súa importancia, lemos, cos versos de Olga Novo, o texto dramático “O senso da floración” da dramaturga Laura Porto, ex alumna do centro, e lectora de Olga Novo. Por iso as fixemos coincidir no tempo e na literatura e tamén asistiu ao encontro do venres. Di Laura que “O senso da floración” foi escrito con Olga Novo. Del bebeu e nós quixemos achegarnos ás dúas autora simultanemente. O teatro saíulle ao encontro á poesía.

Que gusto facelas coincidir esta semana no noso insti!

Foi un gusto verdadeiro recibirvos ás catro. Grazas por deixardes aquí as vosas miradas.

 

Celebra connosco o Día do Libro

Queres formar parte da nosa celebración do Día do Libro?

Intégrate na portada do teu libro favorito (ou envíanos unha foto cun libro que sexa especial para ti). Podes acompañar a túa foto dunha recomendación persoal.

Prazo límite de entrega das fotos: 15 de abril.

Envíade a vosa foto e comentario ao correo iesvaldotea@gmail.com

Dirixido a toda a comunidade educativa.

Coñecendo o teatro interactivo e practicando inglés!

Esta mañá o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de descubrir o que é o teatro interactivo e ademais practicar un pouco o inglés. Ben se ve nas fotos que a experiencia foi positiva!

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG