Iniciar sesión: Acceso

Orientación

Calendario ABAU

Achegamos calendario e horario das probas ABAU 2023. Para máis información consultar a web da CIUG.

BOLSAS BACHARELATO CURSO 2023/2024

Achegamos información detallada para a solicitude de bolsas para FP-BACHARELATO e OUTROS ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS.

Prazo de solicitude: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Toda esta informacion atópase na páxina web do ministerio: www.becaseducacion.gob.es e tramítanse na sede electrónica do MEC.

Se hai dificultades para rexistrarse: Escribir ao enderezo electrónico: soporte.sede@educacion.gob.es

Se hai algunha dúbida ao cubrir as pestanas da aplicación, pódese chamar á SECCIÓN DE BOLSAS DE PONTEVEDRA.

Información detallada sobre o acceso ao Grao de CC da Actividade Física e do Deporte da UVigo

Achegamos información detallada sobre o acceso ó Grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Universidade de Vigo e resumo dos requisitos prinicipais.

CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA MAIORES DE 18 ANOS

Novas datas publicadas pola Consellería para as probas de obtención do título da ESO para maiores de 18 anos.

 

RESOLUCIÓN INSTRUCIÓNS ABAU 22-23

Adxúntase a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2023, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2022/23, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2023/24.

CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA MAIORES DE 18 ANOS

Adxúntase a resolución, e tamén un resumo da mesma, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

OBTENCIÓN DE BACHARELATO PARA MAIORES DE 20 ANOS

Adxúntase resolución, e tamén un resumo da mesma, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos, así como as instrucións para a súa realización.

PROBAS DE ACCESO AO GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE NA USC 2023/2024

Nos documentos adxuntos podes ver a convocatoria de probas específicas de acceso aos estudos de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da facultade de ciencias do deporte e da educación física na Universidade da Coruña para o vindeiro curso 23/24, así coma un breve resumo desta convocatoria (prazos de matrícula, datas das probas, taxas, lugar das probas...).

Visita á Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas

A semana pasada o alumnado de 4º ESO visitou a V Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas, organizada polo Concello, na que puideron coñecer de primeira man parte da oferta formativa que teñen ao seu alcance. 

  

 

 

Xornada de orientación: “O bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades: unha ponte ao Grao en Dirección e Xestión Pública”

Neste enlace pódese acceder á Conferencia “O bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades: unha ponte ao Grao en Dirección e Xestión Pública”, que tivo lugar o pasado día 12 de xaneiro. Organiza Universidade de Vigo.

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG