Iniciar sesión: Acceso

Orientación

Información sobre as mencións en Educación Infantil e Educación Primaria

Queres estudar Educación Infantil ou Educación Primaria e non tes moi claro que se oferta en cada campus galego? Neste enlace tes máis información sobre as diferentes mencións que podes cursar en cada un deles.

PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA: CICLOS GRAO SUPERIOR

Achégase  documentación relacionada coa admisión e matrícula en ciclos de formación profesional de grao superior.

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 23 xuño ás 9:00 horas ao 5 xullo ás 13:00 horas.

Vídeo de axuda para crear unha solicitude de Admisión a Ciclos formativos.

 https://www.youtube.com/watch?v=TMRJTMi-xyY

PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA: CICLOS GRAO MEDIO

Achégase documentación relacionada coa admisión e matrícula en ciclos de formación profesional de grao medio.

Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de xuño ás 9.00 ao 5 de xullo ás 13.00 horas.

Vídeo de axuda para crear unha solicitude de Admisión a Ciclos formativos.

 https://www.youtube.com/watch?v=TMRJTMi-xyY

Información para a solicitude das residencias universitarias nas Universidades galegas

Achegamos resumo con información para a solicitude das residencias universitarias nas Universidades galegas.

De momento, a única convocatoria que se publicou é a da USC.

O alumnado interesado debe consultar as webs das universidades, ler a convocatoria e facer a solicitude correspondente.

 

INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO E A ADMISIÓN DO ALUMNADO NAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO 2023/24

Acaba de publicarse a Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2023/24.

Aquí deixamos o enlace á páxina onde atoparedes máis información.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-190423-0001_gl.pdf

Neste enlace atoparedes un resumo das Instrucións de acceso ás Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

Guía Ti elixes!

btielixesNo seguinte enlace pódese consultar a nova edición da Guía Ti Elixes!, publicada pola Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, que ten como finalidade informar e asesorar ao alumnado sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.  

Premios Extraodinarios Bacharelato 2022/23

Achegamos ORDE do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2022/23.

Prazo de solicitudes: 26 de abril a 25 de maio 

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG