Iniciar sesión: Acceso

Novas da Biblioteca

A semana de Poesía e do Teatro

Desde o día 21 ata o 27 celebramos no instituto a Poesía e o Teatro. Primeiro convocounos, de sorpresa, a poesía. O mércores 22 Leti Breijo, Arancha Nogueira e o chío dun paxaro entraron nas aulas de 3º da ESO, sen previo aviso, e con dozura e arroubo para recirtar os seus versos. Quince minutos de poesía condensada. Ademais, ao longo da semana, os alumnos e alumnos do citado nivel recibiron audios de poemas recitados e creados polos integrantes do obradoiro de poesía “Arquitecturas do poema” desenvolvido pola editorial Apiario. Rematamos a semana “turrando polo poema como por un becerro”, xa que venres tivemos a sorte de ter no centro a Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2022 polo seu poemario FelizIdade, libro que lemos este mes no Club de lectura de familias. Arredor da súa poesía e dun venres fermoso, “aprendemos a ladrar”.

E para poñer fin ás actividades poéticas destes días, tivemos un encontro poético e on line con Dores Tembrás, que falou coa rapazada de 3º da ESO (con elegancia e cariño) do feito poético e do oficio de escribir versos, que é seu.

Está claro que nos gusta celebrar, por iso, non quixemos esquecernos do teatro e da súa festa. Para poñer en valor a súa importancia, lemos, cos versos de Olga Novo, o texto dramático “O senso da floración” da dramaturga Laura Porto, ex alumna do centro, e lectora de Olga Novo. Por iso as fixemos coincidir no tempo e na literatura e tamén asistiu ao encontro do venres. Di Laura que “O senso da floración” foi escrito con Olga Novo. Del bebeu e nós quixemos achegarnos ás dúas autora simultanemente. O teatro saíulle ao encontro á poesía.

Que gusto facelas coincidir esta semana no noso insti!

Foi un gusto verdadeiro recibirvos ás catro. Grazas por deixardes aquí as vosas miradas.

 

Celebra connosco o Día do Libro

Queres formar parte da nosa celebración do Día do Libro?

Intégrate na portada do teu libro favorito (ou envíanos unha foto cun libro que sexa especial para ti). Podes acompañar a túa foto dunha recomendación persoal.

Prazo límite de entrega das fotos: 15 de abril.

Envíade a vosa foto e comentario ao correo iesvaldotea@gmail.com

Dirixido a toda a comunidade educativa.

8M, Día Internacional da Muller

Un ano máis, conmemoramos o 8M reflexionando acerca das condicións vitais e laborais das mulleres na sociedade en que vivimos.

Neste día, Iria, Gabriela, Paula e Andrea, alumnas de 4º ESO, compartiron con todo o alumnado o noso manifesto, a través da súa lectura nas diferentes aulas do centro. 

 

FELIZ E REIVINDICATIVO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!

MANIFESTO 8M 2023, IES VAL DO TEA

BiblioTea

Se che gusta a lectura deberías botarlle un ollo ao blog da nosa biblioteca: BiblioTea

Distribuir contido

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG