Iniciar sesión: Acceso

Orientación

A xestión cultural: un sector profesional emerxente e unha oportunidade de empregabilidade

O alumnado de 1º Bacharelato de Artes, Ciencias Sociais e Humanidades participou este mércores nunha charla sobre "A xestión cultural: un sector profesional emerxente e unha oportunidade de empregabilidade" da man de Gonzalo Francisco Fernández Suárez, Decano da Facultade de Humanidades da USC. Esta charla forma parte do programa A Ponte, da USC.

O alumnado recibiu información que moi posiblemente lle resulte de interese para o seu futuro universitario, cada vez máis próximo!

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO 2023-24

  • Katia Quintas (XD)
  • Ana Belén Alonso (PT)

PRAZAS LIBRES EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL (MATRÍCULA LIBERADA)

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 20 de xullo ás 9:00 horas ata o día 24 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

 

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

 

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.

 

Para máis información, acceder á páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp

 

 

Convocatoria extraordinaria da ABAU 2023

Resumo da convocatoria extraordinaria da ABAU 2022 que se celebrará o 11, 12 e 13 de xullo de 2023 

CONVOCATORIA OFICIAL ABAU EXTRAORDINARIA

DATAS CLAVE:

11 – 12 - 13: REALIZACIÓN DA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

19: Envío polas persoas responsables do Soporte NERTA ás persoas interesadas, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade.

20–24: Solicitude de “revisión” ás cualificacións da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade da convocatoria extraordinaria, ata as 14:00 horas do día 24.

VER CALENDARIO COMPLETO

Para máis información, consultar este enlace.

RECORDATORIO PRAZO ORDINARIO DE PREINSCRICIÓN NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Lembramos que debedes facer a preinscrición para universidades galegas dende o 22 ao 30 de xuño a través da aplicación NERTA. Para máis información, consultade a páxina da CIUG.

Coñeces os Ciclos Formativos de Grao Básico?

Neste enlace podedes consultar información sobre os Ciclos Formativos de Grao Básico.

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG