Iniciar sesión: Acceso

Saídas didácticas

Información, imaxes e vídeos relacionados coas saídas didácticas.

O noso alumnado de PDC en Wales!

Compartimos convosco un pequeno álbum con imaxes do paso do noso alumnado de PDC polo Ysgol Cwm Brombil (Port Talbot). Sen dúbida unha semana inesquecible, as imaxes non fan xustiza da experiencia vivida polas nosas alumnas e alumnos. 

Álbum: Curso 2023-24 -> Wales 2024

As nosas artistas visitan a EASD Antonio Faílde

Esta semana, o alumnado de 2º Bacharelato de Artes achegouse á Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde para coñecer mellor a oferta formativa que ofrece, pois é unha das escolas galegas de arte que pode resultar de interese para a súa formación futura. Estamos desexando saber que será destas artistas nun futuro!

 

Hello from Wales!

O noso alumnado de PDC xa está en Port Talbot! Esta mañá reencontráronse cos seus compañeiros e compañeiras galesas e compartiron un interesante día de clase no Ysgol Cwm Brombil. 

Agárdanlles aínda outros catro días cheos de bonitas experiencias!

Podedes seguir máis de preto esta aventura no Instagram do Ysgol Cwm Brombil's International Club.

Visitamos a Feira das Ensinanzas

Este xoves, o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de visitar a Feira das Ensinanzas que organiza o Concello de Ponteareas e coñecer máis de certa a oferta formativa dos arredores.

Achegámonos ao mundo grecolatino con Antígona

Na mañá de onte, o alumnado de Cultura Clásica, Latín e Artes escénicas asistiu á representación de Antígona, de Sófocles, representada polo Grupo Corzos Reunidos, casa de Castilla la Mancha (A Coruña). Esta representación forma parte da programación do Festival de teatro grecolatino deste ano e tivo lugar no Teatro Municipal de Tui.

Fixérono ademais acompañados do alumnado de 4º Primaria do CEIP Plurilingüe Santiago de Oliveira. Sen dúbida, unha actividade interesante para todos e todas elas.

"Emilia arrive à Paris" no Teatro Salesianos

O venres 19 de xaneiro, o alumnado de Francés de 3º ESO, 4º ESO, 1º e 2º Bach. asistiu a representación de “Emilia arrive à Paris” na Sala Salesianos de Vigo onde Transeduca organiza obras de teatro adaptadas en francés e protagonizadas por actrices e actores nativas/os.

Nun contexto no que os medios audiovisuais son os máis consumidos polos adolescentes, a compañía trouxo, nesta ocasión, unha historia da pequena pantalla cunha xove española que debe trasladarse a París por traballo. Alí, coñecerá xente nova e descubrirá novos costumes.

Como xa tivera un contacto coa trama e cos personaxes da obra, ou ben porque xa mirara a serie “Emily in Paris” ou polas actividades realizadas anteriormente na aula, o alumnado puido entender as diferentes escenas sen maior dificultade.

Ao rematar a representación, as actrices e actores deron a palabra ao alumnado e profesorado asistente que lles fixeron moitas preguntas sobre a montaxe da obra e as súas traxectorias persoais e profesionais.

E como non, despois de saciar a curiosidade cultural, tocáballe a quenda ao apetito.

Á falta de “cuisine française”, comida “internacional”. Un día é un día! Une fois de temps en temps, ça ne fait pas de mal!

Entrepasos y zancadas, no Teatro Salesianos

Este martes, o alumnado de 3º ESO achegouse ao Teatro Salesianos (Vigo) para asistir á representación de Entrepasos y zancadas. Unha interesante obra da que de seguro dará moito que falar nas vindeiras clases de Lingua e literatura castelá!

“Las piezas breves han ido tomando cada vez más vigencia en el repertorio, y han alcanzado la consideración de unidad para formar espectáculos enteros.

Partimos de tres piezas fundamentales: La Tierra de Jauja, de Lope de Rueda, así como Las Aceitunas, del mismo autor, y El Viejo Celoso, de Miguel de Cervantes, para tratar los temas populares comunes en la época: la supervivencia, lo justo, la picaresca, los celos, la honra, las mujeres-bastón, las dobles puertas en las casas, etc.

Un espectáculo hilarante a través de situaciones que nos facilitarán el debate con los estudiantes, y el reconocimiento de los modelos a través de la historia hasta nuestros días.”

Patinando sobre xeo

Este mércores o alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de ir patinar sobre xeo na pista instalada en Samil (Vigo). Sentou ben un pouco de deporte para arrincar esta 2ª avaliación con forza!

Exchange Port Talbot - Ponteareas. Just a brief summary!

Compartimos convosco, a xeito de vídeo, un breve resumo das experiencias vividas ao longo da semana que o noso alumnado de PDC compartiu co alumnado chegado de Gales. Unha experiencia moi enriquecedora que continuará proximamente, coa visita dos nosos alumnos e alumnas a Port Talbot! 

Coñecemos a figura do cineasta José Gil, pioneiro no panorama audiovisual galego

Esta mañá o alumnado de 1º ESO e 3º PDC tivo a oportunidade de achegarse ao cinemóbil do cineasta José Gil, pioneiro no panorama audiovisual galego, da man de Vía Láctea Filmes. Toda unha experiencia!

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa