Complementarias

INTERNET SEGURA - QUÉROTE+

Coa campaña Día Internacional da Internet Segura "Crea, conecta e comparte con respecto: Unha internet mellor comeza contigo", os centros Quérote+ e o IES Val do Asma, pretendemos promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, especialemente entre a mocidade. Acceso ao material.

CULTIVANDO A AUTOESTIMA - QUÉROTE+

A través da campaña "Cultivando a autoestima", os centros Quérote+ e o IES Val do Asma pretendemos fomentar a reflexión crítica da mocidade fronte á cantidade de imaxes e mensaxes que recibe sobre os modelos de beleza e patróns estéticos, que dalgún modo invisibilizan a realidade. Acceso ao material.

ENTROIDO 2018

09/02/2018 11:45
09/02/2018 14:15
Europe/Madrid

Celebración do Entroido con Karaoke, playback, música en vivo, concurso de disfraces e baile no que poderá participar toda a comunidade educativa. Para ver imaxes deste evento preme aquí.

 

VISITA A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC)

06/02/2018 08:45
06/02/2018 14:15
Europe/Madrid

O alumnado de 2º de BAC do IES Val do Asma realizará dentro do Programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" unha visita guiada pola facultade elixida da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Lugar: Santiago

Grupos: 2º BAC

Organiza: Departamento de Orientación.

INVESTIGACIÓN CONXUNTA CON 6º DE PRIMARIA

05/02/2018 12:20
05/02/2018 13:25
Europe/Madrid

O alumnado de 6º de primaria do CEIP Eloísa Ribadulla acude ao IES Val do Asma a realizar unha práctica de laboratorio.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 6º primaria do CEIP Eloísa Ribadulla e 4º da ESO do IES Val do Asma

Organiza: Departamento de Bioloxía.

CHARLA SOBRE EVENTOS EN HOSTALERÍA

30/01/2018 19:00
30/01/2018 20:00
Europe/Madrid

O alumnado asistirá a unha charla impartida por Irene Mato, Xefa de Recepción e responsable de Calidade do Mogay Hotel Eventos. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: C.S. Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo

DÍA DA PAZ - CONCERTO ESCOLA MÚSICA CHANTADA

29/01/2018 15:55
29/01/2018 16:45
Europe/Madrid

O alumnado do IES Val do Asma disfrutará dun concerto de piano ofrecido polos alumnos da Escola de Música de Chantada en conmemoración do Día da Paz.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma

Grupos: Todo o alumnado.

Organiza: Departamento de Dinamización Lingüística.

 

COLOQUIO SOBRE O LIBRO "SEIS SOMBREROS PARA PENSAR"

25/01/2018 16:00
25/01/2018 18:30
Europe/Madrid

Alumnado do IES realizará un coloquio sobre o libro de E. de Bono "Seis sombreros para pensar". Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: Biblioteca do IES.
Grupos: C.S. Administración e finanzas ordinario e dual e C.S. Axencias de viaxes e xestión de eventos
Organiza: Departamento de Administración e finanzas e Departamento de Hostalería e turismo

Distribuir contido