Skip to Content

Complementarias

Charla sobre Delitos de odio e homofobia

09/06/2022 09:35
09/06/2022 12:35

Charla impartida por membros da Guardia Civil dentro do Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos destinada ao alumnado da ESO.

Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Alumnado de 3º ESO e PMAR (9:35h), 4º ESO (10:25h) e 2º ESO (11:45h)
Organiza: Departamento de Orientación

Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural (III) - Dánae López

Acceso á entrevista a Dánae López, deseñadora de moda. Se queres ter máis información sobre este proxecto interdisciplinar preme aquí.

Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural (II) - Ana Vila

Acceso á entrevista a Ana Vila, poeta e gandeira. Se queres ter máis información sobre este proxecto interdisciplinar preme aquí.

Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural (I) - Ana Vázquez

 

Acceso á entrevista a Ana Vázquez de Airas Moniz. Se queres ter máis información sobre este proxecto interdisciplinar preme aquí.

Entrevistas e Retratos do proxecto "Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural"

Actividade "Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural" é un proxecto que consistiu en escoitar a testemuña de mulleres emprendedoras no rural da comarca de Chantada. Para iso, o alumnado de 1ºCB Mantemento de vehículos no módulo de Comunidad e Sociedade I (Galego) elaborou unhas entrevistas que o alumnado de 1ºCS Administración e finanzas no módulo de FOL realizou en persoa a cada unha delas. Por último, o alumnado de 1º BAC na mateira de Debuxo Artístico I tomou fotografías e realizou os retratos que fóron entregados as 8 participantes:

 

 

Xornada de Portas Abertas 2022

03/06/2022 17:00
03/06/2022 19:00

O venres 3 de xuño de 2022, de 17:00 a 19:00 horas o IES VAL DO ASMA celebra a súa xornada anual de portas abertas. Estades todos/as (familias, futuro alumnado, ...) convidados/as a coñecer o noso centro. Faremos un percorrido por todas as instalacións. Esperámosvos!

Obradoiro sobre Educación afectivo-sexual

27/05/2022 12:35
27/05/2022 14:15

Obradoiro impartido por Luisa Astray da UAD de Monforte de Lemos dirixido ao alumnado do 1º curso da FP básica e de 1º do CM no seguinte horario:

  • 1º CM de 12:35 a 13:25
  • 1º CB de 13:25 a14:15

Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Alumnado de 1º CM e 1º CB
Organiza: Departamento de Orientación

Iniciativa interxeracional

26/05/2022 11:45
26/05/2022 12:35

Alumnado do IES e residentes de Domus VI Chantada coñeceranse, por fin, en persoa, despois de todo un curso escolar "coñecéndose" por carta. Este encontro interxeracional está coordinado pola encargada da Bilioteca e conta coa participación do Departamento de Lingua Castelá.

Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO
Organiza: Departamentos de Biblioteca e Lingua Castelá

 

Clase Maxistral de Hóckey

04/04/2022 08:45
04/04/2022 14:15

Clase maxistral impartida desinteresadamente por Roberto o entrenador do Club Hóckey Barrocás de Ourense dirixida ao alumnado de ESO e BAC.

Lugar: Pavillón do IES VAl do Asma

Grupos participantes: ESO e 1º BAC

Organiza: Departamento de Educación Física

Encontro sobre Mercado laboral con perspectiva de xénero

10/05/2022 10:25
10/05/2022 12:35

Encontro no que participa, Mónica González Otero, Inspectora de Traballo especialista en igualdade e o alumnado de FP.

Lugar: IES Val do Asma
Destinatarios/as: Alumnado de CM e CS
Organiza: Departamento de Orientación

Distribuir contido


by Dr. Radut