Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Xoves Decembro 01, 2022
Comezo:01/12/2022 11:45
Fin:01/12/2022 14:15

A través dun obradoiro práctico e participativo, impartido por Luisa Astray García, Educadora social da UAD do Concello de Monfort, desenvolveremos unha actividade de sensibilización para recordar ao alumnado a epidemia global da SIDA causada pola infección do VIH, dando a coñecer o estado actual da epidemia, tratando de derrubar prexuízos e incidindo nas vías de prevención do contaxio. No seguinte horario:

11.45 h - 1º CB Mantemento de Vehículos
12.35 h - 4º ESO
13.25 h - 1º CB Informática de Oficina

Lugar: Aula de referencia
Destinatarios/as: Alumnado de 1º FP básica e 4º ESO
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración coa Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte

Comezo:01/12/2022 12:35
Fin:01/12/2022 14:15

A charla será desenvolvida por María Angélica Mercado Torres, Mestra de Lingua Inglesa, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade. Queremos propiciar no alumnado a reflexión do redor da violencia sexual. Partindo dos conceptos básicos como o sexo e o xénero, os estereotipos de xénero e o sexismo avanzaremos cara outros máis complexos como o consentimento, a violencia sexual (concepto, datos, tipoloxía e mitos), a ciberviolencia sexual e a cultura da violación… sen esquecer dar a coñecer os  recursos e o movemento social.

Lugar: Salón de actos
Destinatarios/as: Alumnado de BAC
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración co CIM de Chantada

Venres Decembro 02, 2022
Comezo:02/12/2022 16:00
Fin:02/12/2022 17:00

O vindeiro venres, 2 de decembro, ás 16:00 horas, celebrarase no salón de actos, unha reunión informativa para as familias/titores legais do alumnado de 4º ESO (Economía e Iniciativa Emprendedora) e 1º BAC (Economía) que está a participar no proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2

Luns Decembro 05, 2022
Comezo:05/12/2022 11:45
Fin:05/12/2022 12:35

VolunTIC Galicia Rural é unha actividade que se centra na formación e divulgación de voluntariado tecnolóxico para chegar ás zonas rurais de Galicia, para por en valor o voluntariado tecnolóxico, e o intercambio de experiencias e boas prácticas. Será desenvolvido pola Fundación Cibervoluntarios, desde a que  levan 20 anos promovendo o uso e coñecemento da tecnoloxía como medio para paliar as fendas sociais.


Lugar: Aula de referencia
Destinatarios/as: Alumnado de 1º CB Informática de Oficina.
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración coa Fundación Cibervoluntarios.

Martes Decembro 06, 2022

O martes 6 de decembro de 2022 non haberá clase por ser festivo.

Xoves Decembro 08, 2022

O xoves 8 de decembro de 2022 non haberá clase por ser festivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut