Skip to Content

Obradoiro Día Mundial da loita contra a SIDA (1 DEC)

01/12/2022 11:45
01/12/2022 14:15

A través dun obradoiro práctico e participativo, impartido por Luisa Astray García, Educadora social da UAD do Concello de Monfort, desenvolveremos unha actividade de sensibilización para recordar ao alumnado a epidemia global da SIDA causada pola infección do VIH, dando a coñecer o estado actual da epidemia, tratando de derrubar prexuízos e incidindo nas vías de prevención do contaxio. No seguinte horario:

11.45 h - 1º CB Mantemento de Vehículos
12.35 h - 4º ESO
13.25 h - 1º CB Informática de Oficina

Lugar: Aula de referencia
Destinatarios/as: Alumnado de 1º FP básica e 4º ESO
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración coa Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte



event | by Dr. Radut