Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
« Xoves Decembro 01, 2022 »
Xov
Comezo:01/12/2022 11:45
Fin:01/12/2022 14:15

A través dun obradoiro práctico e participativo, impartido por Luisa Astray García, Educadora social da UAD do Concello de Monfort, desenvolveremos unha actividade de sensibilización para recordar ao alumnado a epidemia global da SIDA causada pola infección do VIH, dando a coñecer o estado actual da epidemia, tratando de derrubar prexuízos e incidindo nas vías de prevención do contaxio. No seguinte horario:

11.45 h - 1º CB Mantemento de Vehículos
12.35 h - 4º ESO
13.25 h - 1º CB Informática de Oficina

Lugar: Aula de referencia
Destinatarios/as: Alumnado de 1º FP básica e 4º ESO
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración coa Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte

Comezo:01/12/2022 12:35
Fin:01/12/2022 14:15

A charla será desenvolvida por María Angélica Mercado Torres, Mestra de Lingua Inglesa, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade. Queremos propiciar no alumnado a reflexión do redor da violencia sexual. Partindo dos conceptos básicos como o sexo e o xénero, os estereotipos de xénero e o sexismo avanzaremos cara outros máis complexos como o consentimento, a violencia sexual (concepto, datos, tipoloxía e mitos), a ciberviolencia sexual e a cultura da violación… sen esquecer dar a coñecer os  recursos e o movemento social.

Lugar: Salón de actos
Destinatarios/as: Alumnado de BAC
Organiza: Departamento de Orientaciónen colaboración co CIM de Chantada

Distribuir contido


by Dr. Radut