Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Comezo:01/12/2022 11:45
Fin:01/12/2022 14:15
A través dun obradoiro práctico e participativo, impartido por Luisa Astray García, Educadora social da UAD do Concello de Monfort, desenvolveremos unha actividade de sensibilización para recordar ao alumnado a epidemia global da SIDA causada pola infección do VIH, dando a coñecer o estado actual da epidemia, tratando de derrubar prexuízos e incidindo nas vías de prevención do contaxio. No seguinte horario: 11.45 h - 1º CB Mantemento de Vehículos Lugar: Aula de referencia Comezo:01/12/2022 12:35
Fin:01/12/2022 14:15
A charla será desenvolvida por María Angélica Mercado Torres, Mestra de Lingua Inglesa, especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade. Queremos propiciar no alumnado a reflexión do redor da violencia sexual. Partindo dos conceptos básicos como o sexo e o xénero, os estereotipos de xénero e o sexismo avanzaremos cara outros máis complexos como o consentimento, a violencia sexual (concepto, datos, tipoloxía e mitos), a ciberviolencia sexual e a cultura da violación… sen esquecer dar a coñecer os recursos e o movemento social. Lugar: Salón de actos |
