Skip to Content

Correlingua 2024

24/05/2024 09:35
24/05/2024 14:15

Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e a infancia e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. O alumnado do IES Val do Asma participará na carreira en prol do idioma que se celebrará en Monforte de Lemos.

Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º ESO.
Lugar: Monforte de Lemos.
Organiza: Departamento de Galego.

Calendario exames extraordinarios xuño 2024

As datas de celebración das probas extraordinarias son:

  • Para 1º e 2º BAC: entre o luns 10 e o mércores 12 de xuño de 2024. Acceso ao calendario das probas extraordinarias de BAC.
  • Para 1º e 2º CS Administración e finanzas: entre o xoves 13 e o martes 18 de xuño de 2024. Acceso ao calendario das probas extraordinarias do CS. (en construcción)

Probas aos ciclos de grao medio

23/05/2024 09:00
23/05/2024 18:00

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

Finanzas para mortais - 2ª sesión

23/05/2024 08:45
23/05/2024 11:15

Segunda sesión do programa Finanzas paraMortais na que se imparten sesións de educación financeira.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º CS Administración e finanzas.
Lugar: Aulas de referencia.
Organiza: Departamento de Administración e Xestión.

Ti elixes

21/05/2024 12:35
21/05/2024 13:25

Participación no programa Que non te líen, ti elixes, iniciativa conxunta das consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade a través da cal se busca fomentar, desde as aulas, unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero así como a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o fomento da coeducación. Para saber máis preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

14/05/24 El Progreso: El escritor Francisco Castro da una charla a los alumnos del instituto chantadino Val do Asma

Certificación galega de Compencias Dixitais

A certificación galega en competencias dixitais servirá para demostrarlle a calquera institución, empresario ou persoa o nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais. Esta certificación que terá unha validez de 5 anos, poderá acadarse mediante probas (exame), mediante validación dun título ou certificación ou ben completando determinada formación titorizada. Para saber máis sobre como certificar as túas competencias dixitais con ComDix preme aquí.

Día das Letras Galegas 2024 - Luisa Villalta

17/05/2024

O 17 de maio non haberá clase por ser festivo na Comunidade Autónoma de Galicia. Preme aquí para saber máis de Luisa Villalta, escritora homenaxeada no 2024.

Día non lectivo

16/05/2024

xoves 16 de maio de 2024 non haberá clase por ser un dos días non lectivos aprobados polo Consello Escolar, segundo se establece no calendario escolar.

11/05/24 La Voz de Galicia: O instituto Val do Asma celebra o Día de Europa con un festival dixital.

Syndicate content


by Dr. Radut