Skip to Content

Novas

Bolsas de estudos 2024-2025 BAC e FP

O prazo para solicitar as bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, abrangue dende o 19 de marzo ás 9:00 horas ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 horas. Desde aquí podes acceder directamente á solicitude, podes consultar o documento informativo e se precisas máis información acude ao Departamento de Orientación.

Premios Extraordinarios de FP de Grao Superior 2024

Convocados os Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou no curso 2022/2023. Os requisitos de participación son:

  • Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2023 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (25 de marzo de 2024) é decir ata o 25 de abril do 2024 ás 23:59h,

Enlaces á convocatoria e á sede electrónica.

Vacacións Semana Santa 2024 e horario de atención

As vacacións de Semana Santa abranguerán dende o luns 25 de marzo ata o luns 1 de abril de 2024, ámbolos dous incluidos, segundo se establece no calendario escolar.

Durante os días laborables (luns 25, martes 26, mércores 27 e luns 1) o horario de atención ao público, será de 10:00 a 13:00 horas. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

Entrega de notas da 2ª avaliación

A data de entrega de boletíns de notas en papel e/ou a través do Abalar para ESO, 1º BAC, 1º CM e 1º CS será o venres 22 de marzo a ás 14:15h.

21 de marzo - Día da Poesía

Desde o Equipo de Biblioteca queremos celebrar o Día da Poesía, 21 de marzo, co seguinte vídeo, no que parte do noso alumnado e profesorado recita poemas e versos para homenaxear así  á nosa literatura.

Punto laranxa contra o acoso escolar

Dende a data de hoxe está activado o Punto Laranxa virtual na parte esquerda de esta páxina web para denunciar os casos de acoso.

Probas CELGA 2024

Convocadas as probas para a obtención do Certificado de lingua galega (CELGA). A inscrición realizarase a través do formulario normalizado PL500C entre o 14/03/2024 e o 05/04/2024, ambos inclusive. Para máis información accede á convocatoria e o Portal da lingua galega.

Cartel 8M - Día Internacional da Muller

Cartel elaborado polo alumnado de Expresión Artística de 4º ESO no que tamén colaboraron alumnado de 1º BAC para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Período de inscrición probas de acceso a ciclos de grao medio 2024

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 26 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos incluídos. Para máis información preme aquí.

Vacacións Entroido 2024

O período vacacional de Entroido abrangue dende o luns 12 ata o mércores 14 de febreiro de 2024, ámbolos dous incluídos

Syndicate content


by Dr. Radut