Skip to Content

Plantando árbores con pinceis

15/02/2024 10:25
15/02/2024 12:35

Plantando árbores con pinceis é un proxecto escolar de AFundación pola sustentabilidade que une cultura e coidado do medioambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire.

Destinatarios/as: Alumnado de ESO (todos os cursos).
Lugar: Patio exterior.
Organiza: Departamento de Orientación.

Vacacións Entroido 2024

O período vacacional de Entroido abrangue dende o luns 12 ata o mércores 14 de febreiro de 2024, ámbolos dous incluídos

Entroido 2024

09/02/2024 12:35
09/02/2024 14:15

 

Celebración dun baile de disfraces no que participará toda a comunidade educativa. Entre as 12:35 e as 13:00 horas o alumnado, acompañado do profesorado correspondente, preparará os seus disfraces e caracterización na aula de referencia. O baile de disfraces celebrarase de 13:00 a 14:00 no patio se o tempo o permite. Nos últimos 10 minutos antes de marchar colaboraremos na recollida e limpeza.

Destinatarios/as: Toda a comunidade educativa.
Lugar: IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares (DACE).

Mellora da Accesibilidade Cognitiva

Dende o curso 19-20 o IES Val do Asma participa nun proxecto para a Mellora da Accesibilidade Cognitiva nos centros educativos xunto coa Federación de Autismo de Galicia. Os obxectivos do servizo de accesibilidade cognitiva son: 

  • Contribuir a facer dos espazos, servizos, produtos accesibles cognitivamente.
  • Difundir e sensibililizar sobre a accesibilidade cognitiva dende un enfoque psicoeducativo.

O logro deste obxectivos consíguese a través de medidas como a sinalización dos espazos ou outra información como normas, desenvolvemento de unha acción, etc, a través de sinalética con pictogramas de ARASAAC, que faciliten as persoas con dificultades cognitivas a comprensión dos mesmos.

Este proyecto foi levado a cabo grazas á implicación do Departamento de Orientación.

Normas de Organización e Funcionamento (NOF)

Nova modificación parcial das NOF por mor da entrada en vigor da Orde de 4 de xaneiro de 2024 sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos entros educativos. Acceso as Normas de Organización e Funcionamento vixentes dende 29 de xaneiro de 2024.

Prevención de drogodependencias (II)

01/02/2024 08:45
01/02/2024 10:25

Charla impartida por UAD- Unidad asistencial de drogodependencias do concello de Monforte de Lemos

Destinatarios/as: Alumnado de 2º ESO (8:45 a 9:35) e 3º ESO (9:35 a 10:25).
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

EduReferentes (I)

31/01/2024 10:25
31/01/2024 12:35

Programa da Consellería de Educación para facilitar a orientación vocacional do alumnado dende idades temperás a través do coñecemento de referentes femininos co fin de favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Destinatarios/as: Alumnado dos CB Informática de oficia e CB Mantemento de vehículos.
Lugar: Salón de Actos.
Organiza: Departamento de Orientación.

27/01/24 El Progreso: Excursións a unha exposición e ao Parlamento de Galicia

Ceos de Galicia

26/01/2024 09:35
26/01/2024 11:15

Visita ao Espazo Xove de Chantada para participar na actividade "Ceos de Galicia".

Destinatarios/as: Alumnado de  3º ESO.
Lugar: Espazo Xove (Chantada).
Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Prevención de drogodependencias (I)

25/01/2024 10:25
25/01/2024 14:15

Charla impartida por UAD- Unidad asistencial de drogodependencias do concello de Monforte de Lemos

Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO (13:25 a 14:15), 4º ESO (12:35 a 13:25).
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Syndicate content


by Dr. Radut