Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Francés

INTERCAMBIO A FRANCIA CO LYCÉE FÉNELON DE CLERMONT-FERRAND CURSO 21-22

Logo do parón debido á pandemia, este ano puidemos por fin retomar o intercambio. Nesta volta viaxamos a Francia cun grupo de 35 alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de BAC. Durante o percorrido de ida visitamos as covas de Lascaux e a vila de Sarlat-la-Canéda. Logo o alumnado foi recibido polos seus "corres" e as súas familias cos que conviviron durante uns días nos que tamén aproveitamos para visitar a cidade e a contorna. Nesa mórea de actividades, fumos ver curtametraxes, volcáns, igrexas, o museo Michelín... e ata fixemos un anaco de camiño de Santiago. 

Na viaxe de volta, aproveitamos e fixemos dúas paradas para coñecer Avignon e Carcassonne. 

Foi unha experiencia formidable segundo os propios protagonistas contaran no artigo del que foron protagonistas nun xornal local, onde mesmo fomos portada! 

Unhas semanas despois, recibimos ao alumnado francés que aproveitou con moitas visitas e actividades a súa viaxe. Entre todos, voltamos a vivir experiencias ilusionantes e formativas que dan sentido ao esforzo que pola aprendizaxe do francés fai o noso alumando. 

Logo do éxito de esta edición, xa estamos traballando para organizar a próxima!

Premer aquí para ver todas as fotos

 
 
 


PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO FRANCÉS 2021 2022

Bonjour !!!

Aquí podedes consultar a programación do DEPARTAMENTO DE FRANCÉS do curso 2021 2022.

Un saúdo.

MOT DE BIENVENUE !!!

Bonjour!. Soyez les bienvenus à notre site!.

No noso centro podedes estudar francés como primeira ou como segunda lingua en todos os cursos de ESO e en 1º de BacharelatoPara contaxiarvos o noso entusiasmo pola lingua e cultura francesas, imos utilizar todos os recursos que poidamos. Esperemos que vos  "descubra" moitas cousas e vos resulte amena.  

C'est parti! 

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO 2021 - DEPARTAMENTO DE FRANCÉS - INFORMACIÓN

Remito toda a información relacionada coa proba extraordinaria de setembro 2021 da materia de FRANCÉS.

ORDE axudas ESTADÍAS VERÁN 2020 Linguas Estranxeiras

 

En adxuntos, ORDE do 10 de febreiro de 2020 (e extracto da mesma) pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020.

 

DELF SCOLAIRE 2020 IMPRESO DE MATRÍCULA E TASAS

Non ficheiros que se adxuntan atoparedes: IMPRESO DE MATRÍCULA (Fiche d'inscription) e DATOS PARA ABONAR TASAS.

FICHE D'INSCRIPTION AU DELF SCOLAIRE JUNIOR 2020 / IMPRESO DE MATRÍCULA DELF 2020

Se algún alumno que xa foi candidato ao DELF noutras convocatorias non lembra o seu número de candidato, que deixe ese dato en branco no impreso de matrícula e xa o completamos os profesores.

Atención:

AS TASAS DE MATRÍCULA PÁGANSE NO NÚMERO DE CONTA QUE SE INDICA NO FICHEIRO ADXUNTO. 

TASAS DELF B1: 92€

TASAS DELF B2: 108€

Unha vez cumprimentado o impreso e efectuado o ingreso das tasas no banco, entregades impreso de matrícula e xustificante de ingreso ao voso profesor de francés.

PRAZO AMPLIADO ATA  XOVES 5 DE MARZO 2020

 

Tamen en ficheiros adxuntos información da Consellería e Calendario das probas e tarifas.

DELF SCOLAIRE 2020 Info XUNTA

Achegamos, no 1º ficheiro adxunto, información publicada pola Consellería sobre o calendario, centros de exame e tarifa de matrícula das probas do DELF SCOLAIRE 2020.

Comprobaredes que somos o centro examinador en Vigo da proba escrita!

 Consultade ademais a aula virtual, contidos de francés, onde atoparedes vídeos con exemplo das probas e máis información sobre os contidos das mesmas e como prepararse.

No 2º ficheiro adxunto:

Resumo de calendario de probas e tarifas facilitado pola Alliance Française