Skip to Content

TUITAKU: Club de Manga e Anime do IES San Paio

Comezamos unha nova andaina chea de ilusión e moito que facer.

Un grupo de alumnos e alumnas de diferentes niveis e cursos do noso centro botan a andar un proxecto que xa tiñan pensado no curso anterior e que materializaron este.

Aquí deixamos o seu cartel:

SEMANA DA FROITA FRESCA

O Centro acolleuse un ano máis ao programa de froita fresca patrocinado polo Fondo Galego de Garantía Agraria, polo que todo o alumnado de ESO terá gratuitamente unha peza de froita para comer durante o recreo.

A primeira semana deste programa abarca desde o luns 23 ao venres 27 de xaneiro.

BOE, 23/12/16: Orde avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade


  • ORDE ECD/1941/2016, do 22 de decembro, pola que se determinan as características, o deseño e o contido da avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade, as datas máximas de realización e de resolución dos procedementos de revisión das cualificacións obtidas, para o curso 2016/2017. (BOE, 23/12/16). Ligazón

MÚSICA E CONTOS PARA OS MÁIS CATIVOS DE TUI

O martes alumnado de música de distintos niveis máis outro pequeno grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO visitaron a Escola Infantil para compartir música e os contos co público máis agradecido: os peques de Tui.

GAÑADOR DA CESTA DE NADAL

Don Carlos Domínguez, co seu número gañador, recolle a cesta de Nadal.

Parabéns!

 

FIN DO 1º TRIMESTRE

21 DE DECEMBRO

 

Os titores e titoras entregarán a todo o alumnado os boletíns de notas do 1º Trimestre na sexta hora.

 

O horario, tanto do centro como o do transporte escolar, será o habitual.

 

 

 

Moitas grazas e felices festas.

Distribuir contido


by Dr. Radut