Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2017
Xov, 05/01/2017 - 10:04

Xúntase a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017.

Prazo de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.