Skip to Content

Pílulas docentes para o ensino virtual e inclusivo

Compartimos con todos vós estes documentos (unha presentación genial.ly e un arquivo adxunto) que pretenden ser unha axuda ao profesorado co fin de minimizar as barreiras, neste caso curriculares e dixitais, que o noso alumnado -sobre todo aquel con dificultades- pode atopar no estudo telemático na casa.

 

Como se explican nos documentos adxuntos, neste momento cómpre priorizar o envío de poucas tarefas pero de calidade e inclusivas (co obxectivo de afianzar contidos e desenvolver competencias) a mandar moita información á que o alumado non é quen de dar resposta.

 

Estas vacacións de Semana Santa poden servirnos para descansar (ben merecido o temos) e para reflexionar na optimización do noso tempo, traballo e recursos e, sobre todo, pensar que o noso alumnado (e nós) está a aprender moitas leccións de vida fóra do curricular e iso xa é un dos obxectivos da Educación.

 

E como non pode ser doutro xeito, o primordial é que emocionalmente esteamos o máis estables e tranquilxs posible para poder dar o mellor de nós. 

 

Felices vacacións e moita saúde!

 

 


 
AdxuntoTamaño
Pílulas docentes para o ensino virtual e inclusivo.pdf1.59 MB


page | by Dr. Radut