Skip to Content

Zonais Escolares de orientación a Pé 2020

Un ano máis uns 70 alumnos e alumnas do noso IES van participar nos campionatos de Orientación a Pé comezando cos Zonais da provincia de Pontevedra.

Para preparar a nosa participación faremos repaso do esencial dunha carreira de orientación a pé no 2ºrecreo do luns 9 En Usos Múltiples.

Cómpre ter frescos tamén os símbolos do mapa que podedes repasar con este documento

 

En canto á carreira en si, recordamos os puntos fundamentais para completala correctamente:

  • O percorrido debe facerse en silencio e de xeito individual.
  • A modalidade de carreira é SCORE:
    • No mapa atoparanse dispersas 20 balizas (capacidade máxima de tarxeta SportIdent que van utilizar), cada participante decide a estratexia para tentar pasar polo máximo de balizas no menor tempo posible.
    • Non todas as balizas que atopemos pertenzen ao noso trazado (hai colocadas máis balizas das controis no mapa).
  • Comprobar o número de control da baliza xa que si se picase unha baliza incorrecta esta ocupa unha picada (e so temos 20)
  • repetimos: As tarxetas electrónicas teñen un límite de 20 balizas, polo que non é recomendable marcar unha baliza que non sexa nosa (sempre se debe confirmar o código previamente).
  • Cada categoría terá distintos trazados polo que coidado ao seguir a alguén xa que non todas as balizas poden ser coincidintes.

OUTROS DATOS IMPORTANTES AQUÍ

EXEMPLO DUNHA PROBA SCORE:

AdxuntoTamaño
scan.jpg2.07 MB
boletín alumnado zonal 20 .pdf171.53 KB
scan.pdf2.07 MB


page | by Dr. Radut