Lexislación Bolsas e axudas Calendario escolar Impresos profesorado

Impresos alumnado

Proceso de Admisión Curso 2019/2020

 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO no IES San Paio para o curso académico 2019-2020

 

 

NORMATIVA REGULADORA

O procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos regúlase no Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26-12-2012), que desenvolve a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15-03-2013) modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 de febreiro de 2017).

 

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

oferta

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA E DE ADMISIÓN

 

O alumnado pode obter a praza no Instituto de dúas maneiras distintas:

a) Reserva de Praza: O alumnado que xa está no IES San Paio ten garantida a súa permanencia nel sen necesidade de solicitar reserva de praza cada ano.O alumnado dos colexios adscritos ten que presentar a solicitude de reserva de praza entre o 1 e o 15 de febreiro.

b) Solicitude de Admisión: O alumnado procedente doutros centros ou de colexios non adscritos ten que presentar a solicitude de admisión entre o 1 e o 20 de marzo (ambos os dous incluídos), cubrindo os apartados de baremación. A presentación da documentación ten carácter voluntario, e a non presentación da documentación dalgún dos criterios suporá a renuncia a ser baremado no criterio correspondente.

 

Pode facerse a man, cubrindo o seguinte impreso: Galego    Castelán


Pode cubrirse o formulario na aplicación admisiónalumnado  a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión. Feito iso poden optar por:

 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo que escollan para o seu fillo ou filla en primeiro lugar.
  • Se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 NOVIDADES NO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

1. Consideración de solicitudes fora de prazo e extraordinarias:

Punto 1, epígrafe d): "As instancias presentadas entre o 21 de marzo e o último día do prazo ordinario de matrícula segundo a etapa na que solicita a escolarización, serán consideradas fóra de prazo".

Punto 9, epígrafe a): "Aos efectos de tramitar as correspondentes solicitudes que poidan presentarse, enténdese que o proceso extraordinario de escolarización iníciase a partir do día seguinte ao do remate do prazo de matrícula ordinaria establecido para a correspondente etapa e remata ao final do curso 2018/19."

Por tanto, soamente se poden presentar solicitudes fora de prazo ata o 10 de xullo (ESO e Bacharelato). As presentadas con posterioridade a eses días serán consideradas como extraordinarias e terán que axustarse á casuística establecida no capítulo VII da orde de 12 de marzo de 2013.


 

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS PARA A ADMISIÓN

 

Se houbese máis solicitudes de admisión que prazas, abriríase un prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo do 23 de marzo ao 5 de abril.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS. TRANSPORTE ESCOLAR

 

Os alumnos que vivan a máis de 2 km do centro, na súa área de influenza, teñen un servizo de transporte escolar gratuíto mentres estean escolarizados na ESO. O alumnado que obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponda, segundo as áreas de influenza, non terá dereito a este servizo complementario. O alumnado que curse bacharelato pode solicitar unha autorización para o uso do transporte escolar gratuíto sempre que viva na área de influenza do centro e existan prazas vacantes no autobús. O Instituto ten catro itinerarios que cobren as áreas de influenza adscritas ao noso centro: O Seixal-Eirado-Circos-Frinxo-Virxe do Camiño-Magnolia Randufe-Cruceiro do Monte-Randufe colexio-Randufe cruz San Martiño-Gaios-Anta abaixo-Anta arriba-Regueiro-Toxeira-Cruce Sobrada-Vilapouca Marco-Sambade-Cruz-Devesa abaixo-Igrexa Malvas-Devesa arriba-Paderne-Vilanova-Fonteseca-Souto-Rotonda-Parador

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN

 

Reserva de praza nos centros adscritos: do 1 ao 15 de febreiro.

Publicación de vacantes e información sobre o proceso de admisión: antes do 1 de marzo.

Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive).

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo: do 23 de marzo ao 5 de abril.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril. Poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar.

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio. Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

Unha vez aprobado o curso, quedará aberto o prazo para facer a matrícula no Instituto entre o 25 de xuño e o 10 de xullo (ESO e BACHARELATO). Hai que cubrir o impreso de matrícula que se facilita na secretaría do Instituto e entregar a documentación que se solicita no mesmo impreso. 

 

DUPLICIDADE DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Segundo o artigo 13 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, lémbrase que:

1º SÓ SE PODE PRESENTAR UNHA ÚNICA SOLICITUDE NO CENTRO NO QUE SE SOLICITA PRAZA EN PRIMEIRO LUGAR. A PRESENTACIÓN DUNHA NOVA SOLICITUDE NUN MESMO CENTRO, ANULA A PRIMEIRA.

2º O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

ÁREA DE INFLUENZA DO CENTRO

 

 

PARA ESO E BACHARELATO

A área de influenza do centro é a que corresponde aos CEIP adscritos: casco urbano e parroquias de Randufe, Pazos de Reis, Areas, Pexegueiro e Malvas (tamén Rebordáns ata a Virxe do Camiño). En bacharelato, todos os alumnos do Concello teñen a mesma puntuación cando opten a prazas de admisión.

 

CENTROS ADSCRITOS

 

Os catro centros adscritos ao IES San Paio son: CEIP Nº 1, CEIP Nº 2, CEIP de Randufe e CEIP de Pazos de Reis.

 

DescargarÁreas de influencia, a efectos de escolarización, do Concello de Tui


 

 LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2019-20 

                                 Admitidos                          Non admitidos

 

Artigo 32: Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas; recurso de alzada ou reclamación.

 

Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación.

A resolución a persosa titular da xefatura territorial porá fin a vía administrativa. Na notificación desta resolución á persoa interesada deberá indicarse expresamente que contra a mesma cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo, o órgano competente e o prazo para a súa interposición.

 

 

A Dirección

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2019-20

  Admitidos                            Non admitidos

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS.

RESERVA CURSO 2019-2020

 

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Listaxes

 

 

 

 

 

Rúa Alcalde Casal Aboy nº 11

TUI 36700   Tlf: 886110762

iessanpaio@edu.xunta.es