Parlamento Xove 2017 - Bacharelato

Catro alumnos de 1º de BAC asistiron o 10 e 11 de marzo a Culleredo, para participar na presente edición do Parlamento Xove.

Esta competición ten por obxecto fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Potencia habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia.

A cuestión é debater sobre un tema formulado pola organización, que neste curso levaba como título “As novatadas estudantís. Pasaron a ser un suposto de acoso entre a mocidade?”.

A dificultade da actividade está en que uns segundos antes de cada debate dialéctico entre 2 equipos, procédese ao sorteo da postura a adoptar por cada un deles, “a favor” ou “en contra”. Hai que resaltar que nesta ocasión o sorteo non lle deparou moita sorte ao noso alumnado, xa que nos 3 débates nos que lles tocou participar tiveron que defender a posición "a favor" en todos eles.

Dámoslle a máis grande enhoraboa a Samuel Cagigao, Patricia García, Lucas López e Brenda Martínez,  polo esforzo realizado e o gran papel que fixeron defendendo postura "a favor" que lles tocou sempre en sorte e conseguir acabar no posto undécimo entre os 24 equipos galegos que participaron nesta fase clasificatoria; gañando 2 debates e perdendo unicamente un deles.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade:

 

Grupo de alumnado e profesorado participante nesta oitava edición do Parlamento Xove na modalidade de Bacharelato: