Excursión na procura de cogomelos

A actividade consistiu nunha visita á Granxa Escola de Barreiros. En primeiro lugar os alumnos/as de 1º ESO e 2º PMAR disfrutaron dun almorzo no comedor. De seguido sairon á zona aberta da granxa para facer unha ruta guiada polo campo, en busca de cogomelos propios dos montes galegos. Puideron así observar exemplares de diversas especies, aprendendo as técnicas e precaucións que se deben adoptar á hora de seren recolectados. Rematada a camiñata dunha hora, entraron á aula de proxección para asistir a unha charla audiovisual sobre os tipos de cogomelos, anatomía dos mesmos e as súas aplicacións máis destacables. Finalmente, na aula obradoiro, traballaron en grupos para identificar diversas especies empregando varias claves dicotómicas.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotografías da excursión: