Viaxe fin de curso do alumnado de 4 ESO a Roma

No día de hoxe, Martes 21 de xuño, iniciaron a viaxe o alumnado de 4 ESO con destino a Roma. A continuación podedes ver unha fotografía do grupo na estacion de autobuses antes da partida:

Informamos que chegaron a capital de Italia sen incidencias e xa están instalados no seu Hotel:

Iremos informando nos días vindeiros sobre a viaxe nesta mesma entrada da páxina web. Hoxe chegaron ao mediodía a Roma e tras un breve descanso deron un paseo polo Coliseo, Foro Romano e a Fontana de Trevi. Despois cenaron no restaurante il Condor e agora estarán vendo o partido de fútbol de España e descansando.

Mércores 22 de xuño: O día o iniciaron cunha visita panorámica a cidade de Roma en autobús. A continuación a guía os levou a pé pola Roma monumental, Panteón, Fontana de Trevi e Piazza Navona. Despois dun pequeno descanso  e a degustación dunha magnífica pizza e baixo un calor abrasador foron a Praza de España, Praza do Popolo e aos Xardíns da Villa Borghese onde un grupo de alumnos, acompañados polo profesor Manuel Sánchez, alquilaron bicicletas e percorreron o parque de extremo a extremo. Pola noite teñen previsto dar un paseo nocturno pola cidade, se o corpo o permite e aguantan.

Xoves 23 de xuño: No día de hoxe visitaron o Vaticano. Entraron en diferentes museos: Capilla Sixtina, Frescos de Rafael, Basílica de San Pedro... e pola tarde estiveron de relax no barrio de Trastévere. Un calor horrible e o alumnado agotado pola falta acumulada de sono.

Venres 24 de xuño: Hoxe tocou visitar a Roma antigua. Comenzaron polo Foro e a continuación o Coliseo, ambas as dúas foron visitas guiadas. Despois do xantar subiron á terraza do monumento de Vittorio Emanuele e por último estiveron de tendas pola zona comercial da cidade. Agotados pola calor regresaron ao hotel para a cena e a durmir. Mañá toca viaxe de volta a Monforte.

Sábado 25 de xuño: Nestes intres xa iniciaron a viaxe de regreso a España. O avión leva unha hora de retraso, polo que calculamos que chegaran a Monforte de Lemos sobre as 18:00 horas senón hai máis imprevistos. A continuación podedes ver algunha fotografía do grupo no aeroporto esperando a embarcar:

Levan 2 horas de retraso. Xa aterraron en Santiago pero chegarán a Monforte de Lemos sobre as 20 horas.