O alumnado de 2º de Bacharelato despega con destino a Dublín

O Sábado 11 de xuño o alumnado de 2º de Bacharelato iniciou a súa excursión de fin de etapa no IES Río Cabe, xusto o día seguinte despois de rematar os exames da Selectividade. Desde aquí desexámoslles moita sorte coas cualificacións que se publicarán o próximo venres e que o pasen estupendamente en Dublín durante estes días de descanso, que os teñen moi merecidos.

Despegaron en avión desde a terminal T1 do aeroporto "Adolfo Suárez" de Madrid con destino a Dublín, onde poderán practicar o que saben de inglés, e o seu regreso a Monforte de Lemos está previsto para a madrugada do Xoves 16 de xuño.

A continuación podedes ver unha fotografía do grupo no aeroporto, enviada polas dúas profesoras acompañantes do grupo e organizadoras da viaxe: Mª Artemia Madarnás Vázquez e Anunciación López Méndez:

E facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da excursión de fin de curso: