Viaxe á Coruña do alumnado de 3º ESO

Co fin de acercar as novas tecnoloxías aplicadas á ciencia, o día 10 de maio, o alumnado de 3º da ESO realizou unha excursión á Coruña. Durante a mañá participaron nun programa de laboratorio aberto levado a cabo no interior das instalacións da Casa do home (Domus). O taller práctico, que levaba por nome “A revolución biotecnolóxica” consistiu en buscar unha diana para o tratamento da aterosclerose. Durante o mesmo, o alumnado transformouse por unhas horas en pequenos investigadores, que seguindo as instrucións da monitora os ía introducindo no traballo científico que se está a realizar en investigación biomédica co fin de localizar posibles dianas terapéuticas para logo poder crear fármacos activos contra a aterosclerose.

Pola tarde, o alumnado realizou unha visita guiada polas instalacións do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) co fin de asistir á exposición “Big Neurone” que durante estes meses se encontra na cidade, no interior das instalacións tamén percorreron as distintas salas nas que puideron observar entre outras moitas cousas: o interior dun avión, o funcionamento dun faro, un acelerador de partículas e os diferentes inventos que apareceron ao longo do século XX.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da excursión: