Concurso "Monforte de Lemos constrúe en 3D"

O Concello de Monforte de Lemos acaba de convocar un concurso de impresión en 3D para alumnos/as dos tres Institutos de Educación Secundaria da localidade.

Hai dúas modalidades que non son excluíntes:

1.- CONCURSO INDIVIDUAL: o tema do proxecto estará relacionado coa cidade de Monforte de Lemos. A documentación que se debe presentar para participar no concurso consistirá nunha breve memoria con explicación razoada sobre “o por qué” do tema elixido e o deseño realizado, acompañada do ficheiro informático necesario para poder visualizar e imprimir a peza.

2.- CONCURSO COLECTIVO: o tema do proxecto estará relacionado con algunha das materias que se cursan nos centros educativos. Serán proxectos de investigación teórica con aplicación práctica, nos que os alumnos, por equipos, realizan un traballo de investigación sobre o tema que teñan elixido para o concurso, o tipo de elemento ou peza que queren realizar e deseñar a peza ou conxunto de pezas necesarias para levalo a cabo. A documentación que se  debe presentar para participar no concurso consistirá nunha breve memoria con explicación razoada sobre “o por qué” do tema elixido e do deseño realizado, acompañada do ficheiro ou ficheiros informáticos necesarios para poder visualizar e imprimir a peza ou pezas.

Os premios son unha impresora PRUSA i3 HEPHESTOS no primeiro caso e unha impresora WITBOX no segundo, ademais o Concello entregará agasallos e diplomas a todos os participantes.

Podedes consultar as bases do concurso AQUÍ.

ANÍMATE E PARTICIPA !!!!!!!!!!!!!!!. Tes de prazo ata o 15 de maio.