Viaxe fin de curso 4º ESO e 1º de BAC a Londres

Dende o día 25 de xuño ata o regreso da excursión dos alumnos de 4º da ESO e 1º de BAC do centro, iremos informando das acitividades que vaian realizando ao longo da xornada:

  • 25 de Xuño: Tras unha longa e cansada viaxe sen incidencias, os rapaces cos seus profesores acompañantes chegaron á cidade de Londres sobre as 10 horas da mañán. Logo de descansar un tempo realizaron as visitas ao Museo Británico e ao Covent Garden.
  • 26 de Xuño: Realizaron unha visita a Oxford, para posteriormente, ir a Stratford. Finalmente efectuaron  un paseo nocturno por Picadilly e Trafalgar Square.
  • 27 de Xuño: Neste día os alumnos, acompañados polos seus profesores, realizaron un percorrido panorámico de 3 horas pola cidade de Londres, e fixeron sendas visitas ao London Eye e á Torre de Londres. Finalmente diron un paseo polo río Támesis.

Picando na foto, podes acceder a unha selección de fotos da excursión.