Fin de curso 2º BAC 2010

Con motivo da celebración do acto académico de fin de curso 2010 para os alumnos de 2º de bacharelato do centro, realizouse unha entrega de diplomas académicos ao alumnado dese curso, polos seus titores. Ao rematar o acto de entrega a alumna Mar López Rodríguez interpretou unha peza clásica no piano.

NO acto, o profesor de matemáticas, Jorge, realizou unha intervención, así como a alumna Emma. Podes descargar o seu discurso en formato pdf no seguinte enlace: DISCURSO.

Posteriormente, alumnos e alumnas, pais e profesores foron convidados a uns viños na cafetería do centro, para, finalmente, facer unha cea de despedida.