Obradoiro de Regueifas

Os alumnos de 2º  da ESO e de 3º da ESO asistiron a un obradoiro de regueifas no noso centro. Foi unha actividade que os entusiasmou. De feito, ao finalizar o acto, pedían que se fixesen máis actividades deste tipo.

Os rapaces aprenderon a facer rimas, a contar versos partindo un ritmo... Cantaron e escribiron as súas propias coplas. Cremos que foi unha actividade lúdica e instrutiva á vez, da que saíron altamente contentos.

Picando na foto podes acceder a unha selección fotográfica do acto.