Día das Letras Galegas 2010

En colaboración coa concellaría de Xuventude, o IES "Río Cabe" participo una lectura de varios poemas co gallo do Día das Letras Galegas.

Despois de varias reunións no Concello coa responsable da concellaría de Xuventude, decidiuse que o día 15 de maio, sábado, fose unha xornada de lectura ininterrompida de poesía nunha praza da nosa cidade.

Ás 12 da mañá foi a inauguración, á que asistiron diversas personalidades. Houbo varias actuacións musicais e interviron varios persoeiros vinculados con Monforte.

A continuación acturaron os nosos alumnos. O noso centro foi o que máis participou con gran diferenza respecto dos outros centros. Hai que sinalar tamén que o alumnado, de diferentes cursos, dende 1º ciclo ata 2º de BAC, leron non só poemas buscados polos profesores, senón que tamén leron outros escritos por eles mesmos.

Agradecemos a participación de todos eles, e tamén a valentía de facelo cun altofalante diante e ante moitas persoas.

Picando na foto podes acceder a unha selección fotográfica do acto.