Fase final do concurso de coñecementos financeiros do BDE

Durante o presente curso escolar 2022/2023 alumnado de Bacharelato estivo practicando no simulador RetoFxM para participar no concurso de coñecementos financeiros organizado polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores. Chegado o mes de maio cinco alumnos (Saleta Losada, Sara Rodríguez, Sara Traveso, Miguel Vega e Alexandre Maceda) coseguiron clasificarse na décima posición entre os arredor de 500 centros de toda España que participaron nesta competeción na súa primeira fase, para seguidamente lograr meterse entre os oito finalistas que acceden as eliminatorias presenciais deste concurso e que se celebrarán no mes de setembro do próximo curso, co obxectivo de chegar á final que terá lugar o día 2 de outubro, día este da educación financeira (primeiro luns do mes de outubro).