1º de Bac visita a Fábrica da luz, o Museo da Enerxía e as Médulas

Bioloxía-Xeoloxía e Física e Química.

O martes 16 de maio os alumnos/as de 1º Bacharelato realizaron unha saída organizada polos departamentos de FísQuim e BioXeo conxuntamente, acompañados dos seus profesores José Manuel Gil e María Padrón.

Pola mañá realizaron unha visita Á Fábrica da Luz, Museo da Enerxía de Ponferrada, espazo onde o carbón é o actor principal durante todo o seu percorrido.

O museo está ubicado na antiga central térmica da Minero Siderurxia de Ponferrada (MSP), que estivo en funcionamento entre 1920 e 1971.

Durante o percorrido puideron descubrir como se producía a electricidade a partir do carbón a principios do século pasado e coñecer as particularidades da sociedade daquela época.

 Pola tarde e despois dun bo xantar, visitaron as Médulas, considerada a maior mina a ceo aberto da época romana e declarada Patrimonio da Humanidade e unha das maiores obras de enxeñería da Antigüidade.

A visita guiada consistiu nun percorrido circular de 3 km para desfrutar dun dos últimos frentes da explotación onde os romanos abandonaron o xacemento.

O percorrido é un paso polo interior da mina, entre un labirinto de “piecuezos” vermellos e castiñeiros centenarios. Este percorrido axuda a recoñecer o que está pola zona arqueolóxica e a función que tivo cada punto de interese (lagos, asentamentos, miradores,…)

Foi unha xornada de convivencia memorable…