Programa CUALE curso 21/22

Para o vindeiro curso 2021-2022 o IES Río Cabe vai solicitar  de novo o PROGRAMA CUALE, curso para a formación complementaria en Linguas Estranxeiras do alumnado. 

O programa CUALE, impulsado pola Consellería de Educación, pretende preparar aos alumnos/as de institutos de Educación Secundaria para a obtención dos certificados oficiais dos distintos niveis das Escolas Oficiais de Idiomas.

No IES Río Cabe queremos ofertar os seguintes cursos CUALE para os niveis e requisitos do alumnado que se indican a continuación:

 

Programa

Finalidade do curso

Requisitos do alumnado

CUALE A1-Inglés

Obtención do nivel A1 do Marco común europeo de referencia

para as linguas (MCERL).

Alumnado que teña superadas todas as materias do segundo curso de educación secundaria obrigatoria, e que estea matriculado no terceiro curso no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos.

CUALE B1 - Inglés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado

B1 en inglés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2021-2022.

CUALE B1 – Francés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado

B1 en francés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2021-2022.

CUALE B2- Francés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado

B2 en francés, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de formación profesional  de grao superior e que estea matriculado no centro ou noutros centros educativos. Así mesmo, poderá cursar o CUALE B2 o alumnado que posúa o certificado do nivel intermedio das EEOOII ou, se é o caso, outros certificados de nivel B1 segundo o que dispoña a Consellería de Educación.

 

Os cursos desenvolveranse no IES Río Cabe de outubro a xuño, en xornada de tarde, en dúas sesións semanais de 75 minutos de duración cada unha. A inscrición dos alumnos é voluntaria e gratuíta. O número de prazas para cada curso é de 10-20 alumnos.

 

A formación para cada modalidade organizarase cunha duración dun curso escolar, de xeito que, ao finalizalo, o alumnado estea en condicións de superar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas. Os alumnos do CUALE (B1 e B2) poderán presentarse as probas da EOI nas mesmas condicións cos alumnos oficiais das EOI e non teñen que aboar os prezos públicos.

 

O profesorado responsable desta formación realizará probas ao remate do curso correspondente a cada modalidade. A superación das devanditas probas suporá no CUALE A1  a expedición dun certificado do nivel básico A1 e nos outros niveis a expedición por parte do centro dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación das EOI.