Obradoiro "Ti sí que es un bo peixe"
Os Os alumnos de 3º de ESO participaron os días 24 e 26 de maio nun programa chamado “Ti sí que es un bo peixe”, creado pola Consellería do Mar co obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia e incidir e equilibrar nas súas dietas alimentarias. O programa constou de dúas partes: un obradoiro, dunha hora de duración e levado a cabo por dous biólogos galegos,que sev centrou en dar a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar, peixes e mariscos representativos do mar de Galicia.
A segunda parte, o día 26 de maio, na que os alumnos de 3º de ESO, continuaron co desenvolvemento do programa, participando nunha excursión virtual a varias localizacións mariñeiras onde visualizaron distintas especies do fondo mariño e a súa extracción e comercialización. Despois os alumnos levaron a cabo unha actividade de recoñecemento de bivalvos. Coa axuda de calibres explicouse a forma de medir o tamaño mínimo de das diferentes especies incidindo na importancia de cumprir e respectar os tamaños mínimos. Por último, antes de rematar a xornada lectiva se lles entregou a cada participante unha bolsiña dun catering coas preparacións realizadas a base de peixe.