Letras Galegas no Cabe

 

Onte celebramos no Cabe un festival para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Xela Arias. Para tal fin, un ano máis contamos coa presenza do noso grupo particular “Os Caralludos do Río Cabe ” capitaneado por Xurxo e con Adrián, Antón, Ariadna, Iago,  a quenes este ano se uniu unha profesora máis, Paula. A súa música sempre nos alegra e fai desfrutar, pero este ano ademáis nos é sanadora, un bálsamo para o ánimo e  unha inxección de enerxía. Grazas ó equipo por facer catro pases para que todos os alumnos puidesen desfrutar con eles.

Durante o festival levouse a cabo unha lectura de poemas, de xeito individual e colectivo,  da autora a quen se adica este ano o día das letras.

Por outra banda na biblioteca houbo, durante a semana das letras, unha exposición sobre a vida e obra da escritora sarriana, que todos os alumnos visitaron acompañados polas súas profesoras de galego.