Charlas de Orientación universitaria

O venres 23 de abril puidemos conta no Río Cabe coa presenzado monfortino  César Vila, licenciado en ciencias políticas e asesor no parlamento europeo durante  cinco  anos.

 Dentro das charlas informativas  que se imparten no centro como parte do programa de orientación universitaria, César compartiu co alumnado de 1º de Bac a súa experiencia primeiro como alumno da carreira  de Políticas (as asignaturas que cursou, o seu ano de Erasmus na República Checa, as prácticas no parlamento galego ..)   e logo como asesor no parlamento  en  Bruxelas, as dificultades que atopou e a aprendizaxe que supuxo o desempeño dun traballo de gran responsabilidade.

Ó final, os alumnos  pudieron preguntar sobre distintas  cuestións e aclarar as súas dúbidas.

 

 

Agradecemos a César a súa desinteresada colaboración e esperamos contar con el en ocasións vindeiras.