"Star Wars: O imperio dos datos"

 O pasado venres 9 de abril, o alumnado de 1º de Bac  asistiu dende as súas respectivas aulas á  videoconferencia “Star Wars, o imperio dos datos” , organizada pola USC.       

 O obxectivo da charla foi dar a coñecer a importancia da Estatística como disciplina científica así como a  análise de datos,( datos que ofrecen solucións prácticas moi interesantes en campos como a mediciña, economía, deporte, redes sociais ou neurociencias).

 Ambientada na coñecida saga cinematográfica Star Wars e empregando un enfoque baseado na metodoloxía ‘aprender-xogando’, o seu formato innovador atraiu o interese dos estudantes, fomentando  a súa participación e transformándoos en estatísticos por un día.