"Conocimientos Financieros": Rumbo á final

Brillantes!!!!

É o calificativo que se merecen @s nos@s alumn@s pola súa actuación nas semifinais do concurso de economía "Conocimientos Financieros" que enfrentou ao Río Cabe co CPIFP Hurtado de Mendoza de Granada o pasado 30 de setembro.

Se na fase anterior a competición estivo moi reñida, nesta ocasión a victoria foi aplastante e os alumnos estiveron magníficos nas súas respostas. 

Felicitamos de novo ó alumnado e o seu profesor Emilio por unha tarefa máis que ben feita e animámolos na recta final da competición, que se celebrará o próximo luns 5 de outubro,  na que para nós xa son campións.