Mil grúas pola Paz
O 30 de xaneiro, toda a comunidade educativa do Rio Cabe quixemos mostrar o noso unánime desexo de Paz. Dende a Biblioteca e o Programa TEI (Titoría entre Iguais), propúxosenos facer mil grúas de origami, xa que, segundo reza unha antiga lenda xaponesa, quen consiga facer mil grúas conseguirá que o seu maior desexo se faga realidade. Pois ben, coa axuda de todos, o reto conseguiuse e superouse, xa que se fixeron 1400!!
Moitas grazas a todos os que colaborastes, en especial a Flor e Xurxo, que traballaron arreo colocando, dirixindo e animando a alumnado e profesorado nunha marabillosa labor conxunta.
Tivemos voluntarios tamén para formar a palabra PAZ no chan. Grazas a todos eles
Queremos agradecer a colaboración de Alejandro García Rodríguez, de 2º BAC por elaborar un precioso cartel para conmemorar este día.