OLIMPÍADA NACIONAL DE ESTATÍSTICA 2019

No presente curso escolar dous equipos de alumnado do IES Río Cabe presentaron traballos na fase nacional da Competición Estatística Europea organizada polo INE (Instituto Nacional de Estatística). Un deles na modalidade de Bacharelato e o outro na modalidade de ESO.

En Bacharelato, Alejandro García Rodríguez e Lucía Rodríguez Abellano chegaron á segunda fase sendo un dos poucos equipos, da súa categoría, que logrou superar varios tests de coñecementos estadísticos coa puntuación final máxima de 100 puntos.

Para a segunda fase elaboraron a seguinte presentación, pero debido a competencia e ao bo facer dos rivais non conseguiron que o seu traballo quedase entre os 5 finalistas.

Na ESO,  Andrea Ferreiros Sánchez e Marina García Blanco acadaron a segunda posición na fase nacional da Competición Estadística Europea, (Sétima edición da "Olimpiada de Estadística"), sendo o equipo da Comunidade Autónoma de Galicia que logra a mellor posición nas sete edicións celebradas desta Olimpíada.

Andrea e Marina tiveron que superar 2 probas. A primeira delas consistiu en superar varios test de coñecementos estatísticos e na segunda proba tiveron que realizar un estudo estatístico sobre a inserción laboral dos titulados universitarios, que podedes descargar e ver a continuación:

A fase nacional da Competición Estatística Europea está organizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) e a Facultade de Estudos Estatísticos da Universidade Complutense de Madrid (FEE). Entre os obxectivos deste concurso podemos destacar que trata de promover a curiosidade e o interese pola estatística entre o alumnado, así como o traballo en equipo e a colaboración para conseguir logros comúns.

Esta é a sétima edición na que se celebra a Olimpíada de Estatística Nacional e a segunda vez a nivel Europeo. Pode consultarse a clasificación final e os traballos premiados na páxina web do INE: http://www.ine.es/esc_es/esc_premiados.htm