Convite de José Carlos Díaz Gómez ao alumnado de adultos

Como xa é sabido, o profesor deste centro D. José Carlos Díaz Gómez, xubílase ao remate deste curso escolar e non quixo deixar a súa labor docente sen convidar na cafetería do centro ao alumnado de adultos (Ciclos de Turismo e Fútbol, Educación Secundaria de Adultos e Bacharelato), así como ao profesorado e persoal non docente que desenvolve a súa labor neste réxime de ensino.

A súa vez, o alumnado do bacharelato de adultos agasallárono cunha placa conmemorativa para que se lembre deles e deste día. Hai que recordar que Don José Carlos Díaz foi ademais de profesor e catedrático de matemáticas deste centro, Director do mesmo entre os anos 1991 e 2005, así como Xefe de Estudos de Adultos nos seus últimos dez anos de docencia, polo que non é de extrañar que se leve un montón de vivencias e un magnífico recordo deste ensino "nocturno" tan arraigado no IES Río Cabe.