Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
30
| 31
Start: 31/10/2023 10:20
O pasado sábado 29 de outubro de 2023 no Parador de Monforte de Lemos a alumna Noelia Rodríguez do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turística do IES Río Cabe acadou o terceiro premio do IX Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, valorado en 4000 euros. O seu proxecto chámase Bikarte e consiste nunha empresa de alugueiro de bicicletas con servizo de visitas guiadas a través dunha App que nos permite coñecer roteiros diferentes con contido cultural, patrimonial, artístico e natural. Bikarte pretende posicionarse no mercado de Turismo Activo a nivel nacional e internacional e ser un referente de empresa sostible e responsable co medio ambiente na Ribeira Sacra respondendo á necesidade de mobilidade alternativa ó transporte motorizado tradicional. O proxecto de Noelia estase convertendo en realidade, grazas á campaña de divulgación que a Asociación Semente de Monforte desenvolve nos Institutos de secundaria e nas universidades galegas. A asociación vai celebrar unha década incentivando proxectos empresariais para dinamizar e innovar no medio rural. Co Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, a asociación, que engloba a Universidades, Empresas, Administracións e particulares, quere axudar a emprender esas ideas innovadoras que poden mellorar a nosa calidade de vida.
Parabéns a Noelia Rodriguez, ó alumnado do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turística do IES Río Cabe, as súas profesoras e a Asociación Semente Ribeira Sacra polo traballo realizado.
Máis información do Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra en: | 1
| 2
| 3
| 4
| 5
|