Skip to Content

Dinamización lingüística

PREMIOS!!!

CERTAME DE REDACCIÓN "LETRAS GALEGAS"

Sara Canto González (3º ESO), Eva López Suárez (3º ESO) e Miguel Casariego Cao (1º ESO) do noso instituto, obtiveron respectivamente o 1º, 2º e 3º premio da modalidade C (12 a 16 anos) do certame de redacción "Letras Galegas, 2013" convocado pola biblioteca municipal El Viejo Pacho, de Ribadeo.

MAIO

Roberto Vidal BolañoLETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Para celebrar o Día das Letras Galegas, á parte do traballo dentro da aula, levamos a cabo diversas iniciativas:

  • Investigación do alumnado sobre aspectos básicos da vida e obra de Vidal Bolaño, a partir das láminas enviadas pola SXPL.
  • Participación no Correlingua (Mondoñedo, día 16).
  • Asistencia a unha actuación de Cándido Pazó no Cine Teatro (día 27).
  • Reparto de marcadores de lectura relacionados co autor homenaxeado.
  • O Comité de alumnos tamén organizou de seu un acto, do que podedes ver fotos no álbum correspondente a esta festividade.
  • Promoción das obras de RVB coas que contamos na nosa biblioteca.

Podedes ver algunhas fotos neste álbum.

ACTUALIDADE NA NOSA BIBLIOTECA: Roberto Vidal Bolaño

MAIO

Roberto Vidal Bolaño

Encontro con Xabier R. Baixeras

O luns, día 29 de abril, a partir das 12:20 h., visitou o instituto o poeta Xabier Rodríguez Baixeras para pronunciar unha charla e participar nun recital poético, xunto con alumnado do centro. Á actividade asistiu o alumnado de 4º de ESO e o de 1º de bacharelato. Organizou: Departamento de Lingua e Literatura Galega e Equipo de Dinamización Lingüística.

MÁIS FOTOS

Baixeras

23 de abril, DÍA DO LIBRO

Conmemoramos o día do libro agasallando o noso alumnado cun libro de balde. Para iso puxemos nas dúas entradas principais do instituto unha caixa de libros cun cartel animándoos a levar un exemplar e fomos repoñendo segundo ían faltando volumes. A iniciativa tivo éxito e non quedou absolutamente ningún dos libros.

día do libro foto23 abril dia do libro cartel

CONCURSO DE LECTURA

O día 19 de abril un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO participaron nun concurso de lectura relacionado coa obra Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz. Organizaron a actividade o departamento de Lingua e Literatura Galega e o Equipo de dinamización LingüísticaOs participantes recibiron un diploma e foron convidados a uns pinchos. MÁIS FOTOS

Fantasmas de luzConcurso de lectura 2013

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ANIMACIÓN Á LECTURA

14 de febreiro: día dos namorados

14 DE FEBREIRO: DÍA DOS NAMORADOS

Co gallo do 14 de febreiro, o EDL organizou un ano máis a actividade "Hai unha carta para ti" consistente en que calquera membro da comunidade escolar lle envíen a outros cartas manifestándolles o seu amor, amizade ou afecto. A iniciativa ten gran acollida entre o alumnado e cada ano cóntanse por centos as cartas que se envían.

Desde aquí podes acceder a imaxes da nosa galería relacionadas con esta actividade.

Velaquí as bases da convocatoria.

Distribuir contido


by Dr. Radut