Conmemoramos o día do libro agasallando o noso alumnado cun libro de balde. Para iso puxemos nas dúas entradas principais do instituto unha caixa de libros cun cartel animándoos a levar un exemplar e fomos repoñendo segundo ían faltando volumes. A iniciativa tivo éxito e non quedou absolutamente ningún dos libros.