Skip to Content

Teatro en inglés

O último día de clase os alumnos e alumnas de 3º ESO A representaron no salón de actos do instituto o último acto de A Midsummer Night's Dream, de William Shakespeare. 

Os alumnos e alumnas de 3º ESO B e C, e de 4º ESO asistiron á proxección das gravacións feitas ó longo do curso e despois representouse o acto V en directo.

Tamén se proxectaron as gravacións das representacións de Romeo and Juliet, que as alumnas e alumnos de 4º non tiveron tempo de rematar.

E, por suposto, non faltaron as tomas falsas para acabar este curso cun sorriso. 

Xubilación de Marcelino

O xoves, día 22 de xuño, acompañamos durante o recreo a Marcelino, do departamento de Tecnoloxías, que nos convidou a uns petiscos con motivo da súa xubilación.

Desexámoslle moita felicidade nesta nova etapa.

 

 

La fête de la musique

Coincidindo co 21 de xuño, o departamento de francés organizou a "Fête de la musique". 

[MÁIS IMAXES NA NOSA GALERÍA]

Consumo de froita nas escolas

Un ano máis participamos no Plan de consumo de froita nas escolas. Desde este enlace pódense ver imaxes na nosa galería.

Axudas para libros de texto e material escolar

INFORMACIÓN relacionada co FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e coas AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR para o curso 2017-18. (DOG do 22 de maio de 2017).

Prazo para solicitudes, ata o 23 de xuño.

O impreso da solicitude podédelo descargar deste enlace.

Devolución de libros de texto

Engadimos unha serie de arquivos relacionados coa devolución dos libros de texto, para que cada alumno/a saiba os que ten que entregar no centro e cando debe facelo:

Instrucións sobre o proceso de recollida de libros.

Listaxe de libros adxudicados co fondo de 1º de ESO.

Listaxe de libros adxudicados co fondo de 3º de ESO.

Listaxe de libros adquiridos con "vale" (2º e 4º de ESO).

 

ESDELIBRO

Varios equipos de alumnos de 1º de BAC, coordinados polo profesor Manel Yáñez Dablanca, participaron na 11ª edición do programa ESDELIBRO, que ten como obxectivo poñer en valor o libro, a creación e os dereitos de autor nas aulas.Pola súa participación, cada equipo recibiu un diploma:

Equipo EQUALIUM [blog]

Equipo AXÓUXERE [blog]

Equipo CAXIA [blog]

Equipo EUROFANS [blog]

A praia das Catedrais na literatura galega

"A praia das Catedrais na literatura galega" é un traballo elaborado polo alumnado de "Literatura galega e sociedade", materia de libre configuración de 2º de BAC.

Trátase da segunda entrega da serie "conTextos", onde temos intención de ir engadindo pequenos vídeos que relacionen textos literarios co contexto ou co espazo no que foron creados.

[PREME NESTE ENLACE OU NA IMAXE PARA VER O VÍDEO]

 

 

Saída ó Río Pequeno. Inspección de primavera

A profesora Mª Jesús Besteiro, do departamento de Ciencias Naturais, informa sobre a inspección de primavera do Río Pequeno:

O pasado martes, 16 de maio, algúns alumnos de 4º ESO de Bioloxía saíron ó Río Pequeno pola mañá, para realizar a toma de datos correspondente á inspección de primavera.

Despois de recorrer o tramo de estudio para observar os posibles cambios, os alumnos procederon a facer as análises pertinentes co fin de cubrir a ficha na que se reflexan 3 aspectos do río: calidade hidromorfolóxica, calidade físico-química e calidade biolóxica. [LER MÁIS] [MÁIS IMAXES]

Ledicia Costas

O día 1 de xuño visitounos Ledicia Costas, para participar nun encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO, que previamente leron as súas novelas Unha estrela no ventoO corazón de Xúpiter e Un animal chamado néboa.

Organizou a actividade o Departamento de Lingua galega e literatura e colaborou a Área de cultura do Concello de Ribadeo. [MÁIS IMAXES]

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut