Skip to Content

Intercambio co IES Ramón Mª Aller Ulloa, de Lalín

O día 18 de abril o alumnado de 3º de ESO viaxou a Lalín para participar na primeira fase dun intercambio co IES Ramón Mª Aller Ulloa, coordinado polos equipos de dinamización lingüística dos dous centros.

Despois dunha breve recepción, o alumnado e o profesorado dos dous institutos desprazouse ata a fervenza do Toxa (Silleda). Desde alí realizamos un roteiro de sendeirismo próximo ó curso do río Deza ata chegar ó mosteiro de Carboeiro, onde repuxemos forzas cun xantar campestre. Despois, unha guía organizou o alumnado en equipos e propúxolles un xogo para que coñecesen o mosteiro dunha maneira lúdica. A continuación, xa en autobús, desprazámonos ata o pazo de Liñares (Prado-Lalín), que alberga o Museo Galego da Marioneta. Rematamos a xornada cun pequeno paseo pola vila, vendo o novo Concello, o Museo e o monumento ó porco.

Acompañando o alumnado, viaxaron Dolores Faílde, Miriam Bouso e Suso Fernández. O día 16 de maio será o alumnado de Lalín o que se desprace ata Ribadeo, para coñecer a nosa zona.

<

 

 

 

Encontro con Montse Fajardo

Dentro do últimos encontros con escritoras, organizados conxuntamente polo Dto de Galego, o EDL, o Comité Lila e a Biblioteca, Este foi con Montse Fajardo.

                                                                                                                Ver mais

Encontro con Eva Mejuto

Dentro do últimos encontros con escritoras, organizados conxuntamente polo Dto de Galego, o EDL, o Comité Lila e a Biblioteca, Este foi con Eva Mejuto.

 

 

Comité lila: Eu paro!. Eu apoio!

Este vídeo foi elaborado polo Comité Lila co obxectivo de informar sobre a folga internacional de mulleres convocadas para o 8 de marzo. Pretende tamén sensibilizar sobre a situación das mulleres e reivindicar os seus dereitos. A música é de As Punkdereiteiras e As Punkiereiteiras coa colaboración de Tamborililás batukada feminista e dentro da plataforma feminista Galegas 8m.

Comité lila: O mundo para!

Este vídeo foi elaborado polo Comité Lila para informar sobre a folga internacional de mulleres convocada para o 8 de marzo

Número premiado

Para a excursión de fin de de curso de 4ª ESO, o alumnado sorteou un Ordenador portátil Netway Next Pro 5, coincidindo coas catro últimas cifras do primeiro premio da lotería nacional do día 24 de febreiro de 2018.

O número premiado foi o 60992 e a rifa correspondente é a que contén o número 0992. 

 ¡ Felicidades á persoa gañadora!

Programa: Orienta

Para utilizar o programa Orienta pincha neste enlace              

Na esquina superior dereita da páxina que se abre, pincha na opción : Bajar el Orienta, así se descarga ao teu ordenador un arquivo.exe que instala a aplicación no ordenador 

Se queres unha aplicación on-line, mais rápida, para móbiles, pincha neste outro enlace

 

Día mundial dos humedais 2018

Un ano máis tivemos a sorte de poder celebrar o día mundial dos Humedais cos nosos alumn@s. A data conmemorativa é o 2 de febrero para recordar que ese mesmo día do ano 1971, moitos países e entre eles España, firmaron o Convenio Ramsar comprometéndose a velar pola conservación deses ecosistemas de gran biodiversidade.

Por iso, cada ano escolar, arredor do 2 de febrero, adicamos media mañá a sair á Ría de Ribadeo, humedal de importancia internacional tal e como o avalan as numerosas figuras de protección que posúe. Este ano fixémolo o mércores 31 de xaneiro porque aínda que a marea cadraba regular, daban moi bó tempo e así foi. Tivemos unha mañá de sol espléndido e poidemos disfrutar das principais aves invernantes que cada ano elixen a nosa Ría para pasar o outono-inverno. Veñen dende o norte de Europa, empurradas polo frío e a falta de alimento e están connosco ata que a primavera aparece. Entón, moitas delas xa coa plumaxe nupcial, emprenden a viaxe de regreso para reproducirse.

Concurso: Coñeces a nosa biblioteca?

Co fin de promocionar o coñecemento e uso da biblioteca e fomentar o interese pola lectura, puxemos en marcha dende o 22 de xaneiro o concurso Coñeces a nosa biblioteca? Pode participar todo o alumnado a través dunha sinxela mecánica que consiste en contestar semanalmente a unha pregunta, depositando a resposta nunha urna. No recreo de cada luns sortéase un libro entre as persoas participantes.

 

 

 

 

 

 

 

.

Estudio sobre as influencias da lúa

Un dos traballados realizados polo alumnado do centro en materia de investigación segundo o método científico é recollido na prensa co galo da peculiar segunda lúa chea deste mes de xaneiro.Un instituto gallego desmonta el mito de la Luna

 

 

 

 

 

 

 

.

Distribuir contido


by Dr. Radut