Skip to Content

25 de novembro no IES de Ribadeo: Día Internacional contra a Violencia cara as mulleres.

GALERÍA DE IMAXES

Un ano máis, e a pesar das limitacións deste curso, o IES de Ribadeo quixo facer deste 25 de novembro un día de reivindicación co que denunciar as violencias machistas que seguen a producirse na nosa sociedade e co que implicar a alumnado e profesorado para avanzar na súa erradicación.

No tempo do recreo e ao longo dos días previos e posteriores, leváronse a cabo unha serie de accións, entre as que cabe destacar:

  • Explicación introdutoria sobre a orixe desta data conmemorativa. Invitamos a toda a Comunidade Educativa a visitar o seguinte vídeo (Espora Consultoría de Xénero) no que Laura Viñuela explica o por que desta data: https://www.youtube.com/watch?v=ZhEUBc27Gm8&t=4s
  • Lectura por parte do alumnado dos distintos TIPOS DE VIOLENCIAS, máis alá das agresións físicas, que son máis difíciles de detectar como a psicolóxica, económica e patrimonial, sexual e simbólica.
  • Lectura de cuñas radiofónicas, emitidas nos días previos, coa temática da VIOLENCIA SEXUAL e do CICLO DA VIOLENCIA.
  • Entrega de diplomas e premios ás/aos gañadores/as e finalistas do I Certame de deseños contra a violencia machista para máscaras.
  • Coreografía do alumnado de 2º ESO.
  • Berro final do lema da campaña promovida desde o CIM e o Concello: "QUE A VIOLENCIA MACHISTA NON CHE TAPE A BOCA. ALZA A TÚA VOZ".

·  

25 de novembro Día Internacional contra a violencia á muller

Un curso máis clamamos contra a violencia e todas as formas de agresión contra a muller!!!

Foi un lema de fai moitos cursos, pero, por desgracia, segue a ser un grito unánime. Recuperamos así esta loita e co novo alumnado traballamos en reportaxes sobre IGUALDADE (Periodismo na escola) e facémonos oir en twiter, na nosa conta de actividades @cosmopolitas1. Haberá máis espazos para reivindicar e concienciar sobre os problemas que consideramos decisivos para a nosa existencia e poderedes colaborar con nos na nosa loita de vida.

Tamén elaboramos un video no que as alumnas de Filosofía de 4º ESO explican as razóns da elección da data do 25N, Podedes velo premendo neste enlace, ou tamén en twiter.

EXPOSICIÓN: Ovos feministas e literarios. Mini-libros.

Durante estes días podemos disfrutar na entrada do IES desta exposición que amosa os froitos do traballo do alumnado da materia Lingua Castelá e Literatura durante o confinamento e do que levamos de curso. 

No seguinte enlace podedes acceder ao vídeo que fixeron alá polo mes de abril as profesoras Rosa Paz e Teresa González recollendo os mini libros elaborados polo alumnado desde as súas casas.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=node/628

Premendo na seguinte imaxe podedes acceder á galería de imaxes completa da exposición.

(13/11/2020): Solicitude para a distribución de máscaras entre o alumnado.

(ORDE do 6 de novembro de 2020 no DOG do 13 de novembro de 2020)

Ábrese o prazo para solicitar máscaras para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. A data límite para presentar as solicitudes é o 24 de NOVEMBRO de 2020. 

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á TODA A INFORMACIÓN.

ANEXO I

ANEXO II

 

 

CONTAXIO: UN CONTO QUE TRANSCORRE NO DICIONARIO

 Pareceunos interesante divulgar este video que ten como protagonista a palabra “contaxio”, en clara alusión á pandemia de Covid-19 que estamos a sufrir. “Contaxio” é unha palabra que sente o rexeitamento de boa parte das súas compañeiras de dicionario pero tamén o apoio doutras. O video fainos reflexionar sobre o medo que podemos sentir, axudándonos a xestionalo. Así mesmo  pon de relevo a vinculación da pandemia con aspectos como a pobreza e o paro, toca temas transversais como o illamento e o acoso,  menciona outras duras circunstancias da nosa historia, como a emigración… E faino a través da imaxinación, a tenrura, o humor e a ironía .

Promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía regueiro, é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.

 

https://youtu.be/_-wZLkv6xzk

 

 

 

Contaxio', un cuento audiovisual para fomentar la cultura y la educación  infantil en tiempos de la COVID-19 | UNICEF

 

Xubilación de María Torres Moure.

A comunidade educativa do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo felicita a María Torres Moure, profesora recentemente xubilada. Despois dunha vida dedicada ao ensino, xa chega o momento de facer outras cousas. Grazas María, por todas as clases de Física e Química tan ben aproveitadas pero sobre todo, grazas por todas as horas dedicadas ás titorías de alumnado de ensinanza para adultos, que estarán sempre agradecidos e agradecidas da túa orientación e axuda para chegar a acadar o título e conseguir a inserción no mundo laboral.

CONFERENCIA INAUGURAL "Tempos de COVID"

O pasado luns 28 de setembro tivo lugar a conferencia inaugural titulada "Tempos de COVID" no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Correu a cargo de dúas ex-alumnas do centro, hoxe sanitarias no Hospital da Mariña: Begoña Machado Prieto (médica internista) e Raquel Ferreira Álvarez (diplomada en Enfermería). O acto foi retransmitido en directo para que gran parte do alumnado puidese seguilo dende as aulas e as familias que o desexasen se conectasen desde as casas.

Estivo realmente interesante e supuxo para todos e todas nós a primeira e imprescindible lección este curso. Na primeira parte, Begoña Machado ilustrounos sobre aspectos científicos da pandemia e do virus responsable da mesma e a continuación Raquel Ferreira centrouse no tema da prevención. Finalmente, as dúas insistiron na importancia de seguir as medidas hixiénico-preventivas, de non fiarse de calquera fonte de información e de adquirir responsabilidade individual para chegar a unha responsabilidade social.

Como homenaxe a elas e a todos os sanitarios e sanitarias, dende o IES de Ribadeo dedicámoslles a contraportada das axendas escolares deste curso aínda que temos claro que a mellor homenaxe que podemos facerlles é aprender a coidarnos a nós porque só así coidamos aos que nos rodean.

Tamén aproveitamos a ocasión para ter un agradecemento especial con todo o persoal non docente, cuxa axuda nos centros sempre é imprescindible, pero este curso máis ca nunca, para poder adaptar todos os espazos ao metro e medio e ás medidas do protocolo educativo.

 

O enlace para ver a conferencia é o seguinte: 

https://youtu.be/Dv0RXVjdfU8

 

Podedes acceder ás presentacións de Power Point que van empregar nos seguintes enlaces:

CHARLA 1. Parte científica.

CHARLA 2. Medidas de prevención final.

CHARLA 3. Prevención 2ª parte.

CHARLA 4. Protocolo COVID nos centros educativos.

 

abalarMóbil

IMPORTANTE:

Lembramos ás familias a importancia de empregar a aplicación abalarMóbil xa que permite consultar a información dos/das seus/súas fillos/as a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

As comunicacións desde o centro faranse preferentemente por esta vía, polo que convén descargala e darse de alta no teléfono ou tablet a través de Apple Store ou Google Play Store. Na parte dereita desta páxina pódese acceder a toda a información.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut